‘Pereiro: Mensaxe de vida e furia’, homenaxe a Lois desde o Centro Galego de Barcelona o 28 de abril

Pereiro: Mensaxe de vida e furia é a aportación de Catalizador (proxecto cultural galegocatalán do Centro Galego de Barcelona): unha homenaxe de trinta e catro artistas de etnias e culturas distintas a Lois Pereiro.
O xoves 28 de abril ás 20:00 inaugúrase a exposición (que estará aberta até o sábado 28 de maio) e terá lugar unha performance poética no propio Centro Galego de Barcelona (Rambla Caputxins, 35-37), coa participación expecial da cantante iraní Katy Evoghli. Desde aquí agradecemos e parabenizamos a Anxo López Baranga polo seu traballo e a información enviada a esta páxina.

Neste vídeo pódese ver parte da preparación do proxecto:

Un comentario to “‘Pereiro: Mensaxe de vida e furia’, homenaxe a Lois desde o Centro Galego de Barcelona o 28 de abril”

  1. […] da inauguración da exposición dedicada a Lois no Centro Galego de Barcelona: Lois Pereiro: Mensaxe de vida e furia. Desde aquí queremos enviar, novamente, os parabéns aos seus organizadores, especialmente a Anxo […]