‘Lois sobre as táboas’

Desde Culturagalega.org: «Xorden novas propostas para achegarse á figura de Lois Pereiro desde as táboas. O pasado xoves presentábase na Deputación de Lugo Iluminado pola morte. Lois Pereiro, a cargo de Pailamoco Teatro. O proxecto consiste nunha representación teatral de rúa aberto á participación cidadá que amosa a vida e a obra do homenaxeado no día das letras a través de poemas e de música. Pola súa banda, a compañía Fantoches Baj presenta Poesía Última de Lois Pereiro, unha proposta de teatro obxectual na que se narran en primeira e terceira persoa os dous últimos anos da vida do poeta. Sons, músicas e letras mestúranse nesta orixinal iniciativa.»

POESIA ULTIMA DE LP from Fantoches Baj on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os comentarios están pechados.

Olark Livehelp