‘Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo’, por Mercedes Queixas, libro publicado en Laiovento

Publícase Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, de Mercedes Queixas, publicada en Laiovento, na que percorre a súa traxectoria. ‘Esta obra nace con vontade de ser unha biografía divulgativa, polo tanto aberta e accesible para todos cuxa lectura permita tirar unha imaxe global de Lois’, sinala Queixas. Nese sentido, sobre a ‘imaxe global’ do poeta, a autora busca exercer o papel de retratista dun home con moitas dimensións literarias. ‘O perfil de Pereiro é o dunha persoa culta, pluralmente formada nas correntes vangardistas e artísticas da altura, que detectaba con grande habilidade, con influencias centroeuropeas que complementan a súa propia voz lírica, plurilingüe, que coloca o galego e a centralidade galega no mundo global das ideas e da literatura’, conclúe a escritora. O libro inclúe unha ampla reportaxe fotográfica sobre Lois Pereiro e unha escolma que, a forma de apéndice, achega unha visión global do escritor. ‘Pereiro era rompedor e fresco, rompía co seu pensamento. Escollín unha escolma que amosase trazos da súa concepción poética. No apéndice hai poemas dos dous poemarios que publicou [Poesía 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade], pero tamén fragmentos de Modesta proposición‘, explica. Deste xeito, Queixas ofrece nese apéndice pinceladas sobre a obra literaria de Pereiro como poeta, pero tamén como prosista. ‘Lois e a súa poesía son actualidade pura; como prosista era incipiente e demostrou que era bo como narrador’, conclúe. Os textos proveñen da entrevista concedida pola autora do libro a Xornal.

7 Comentarios to “‘Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo’, por Mercedes Queixas, libro publicado en Laiovento”

  1. Fernando Losada di:

    Sendo moi directo, ata este ano non apreciei a literatura galega, estaba algo canso, aínda que con moito respecto sempre, de tanta poesía e escritura sobre a Galiza e máis símbolos coma o da emigración; e aínda a maiores o galego de hoxe que me gusta pero estou canso de tanto cambio continuo. Pero sen irme polas pólas Lois abriume un novo universo, un novo galego, unha nova ollada a poesía galega e que dicir, a moitos dos lectores desta páxina web non lles interesará a vida dun rapaz de 17 anos, pero só quería facer unha curta reflexión para que nos demos de conta da simboloxía de Lois e da forza que transmite para que me cree interese polo galego.
    Grazas Lois para min, ti eres “O poeta da Terra e do Pobo”.

  2. […] horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, de Mercedes Queixas, acompañada por Francisco Pillado, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa […]

  3. […] na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, Mercedes Queixas presenta Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, publicado en Laiovento, acompañada por Francisco Pillado e Xurxo Souto. Sobre este libro hai […]

  4. […] Abella. No Kiosco Alfonso. – 18:00 h.- Sinatura por parte de Mercedes Queixas Zas dos libros Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, publicado en Laiovento, e Vivir, aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, […]

  5. […] sobre a figura do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas e presentará o seu libro Lois Pereiro, a urxencia poética dun futuro alleo, publicado en Laiovento. Despois actuará o cantautor Manu Clavijo, quen ofrecerá parte dos seus […]

  6. […] con Mercedes Queixas en Galicia Hoxe arredor do seu libro Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, que se presenta este martes 10 de maio na Libraría Couceiro de Santiago (Praza de Cervantes, 6) […]

  7. […] horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, de Mercedes Queixas, acompañada por Francisco Pillado, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa […]