‘As músicas de Lois Pereiro’, no Clube Clavicémbalo de Lugo

O xoves 3 de novembro, a partir das 23:00 horas, no Clube Clavicémbalo de Lugo (Rúa Paxariños, 23), e con entradas de 8 euros, terá lugar o evento As Músicas de Lois Pereiro, organizado pola Asociación Cultural Cultura do País, onde se fará un percorrido pola traxectoria do poeta, resaltando ademais a importancia da música na súa obra, pois a súa poesía enmárcase nos anos da movida e as súas creacións serviron de base para varios temas musicais. Os poemas de Lois Pereiro serán musicados polo cantante, compositor, guitarrista e violinista arxentino-galego Manu Clavijo, cuxa actuación abrirá o acto, deixando paso despois ao grupo que se creou xustamente para render tributo ao poeta a quen se lle adicou o Día das Letras 2011, Ondas Martenot. Este grupo está formado por Cristina Asenjo (Sonoro Maxín) no teclado, Fran Amil (Ultraqäns) na batería, Antón (Ultraqäns) ao baixo e máis a guitarra e a voz do Leo i Arremecághona.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Deixa unha resposta