Entre
o xoves 15 e o sábado 17 de decembro, desenvolverase o Congreso Lois Pereiro, organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e da Universidade da Coruña.
O comité organizador está formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Luís Caparrós Esperante e Manuel Rivas Barrós.
A inscrición é gratuíta e pódese formalizar no correo secretaria@realacademiagalega.org. O congreso está recoñecido cun crédito de libre configuración pola Universidade da Coruña.
O programa é o seguinte:
XOVES, 15 DE DECEMBRO
Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)
- 9:30 h. A organización do Congreso pon a disposición dos participantes un autobús para o desprazamento á Cidade da Cultura de Galicia. Saída da Coruña {Porta Real) do autobús con destino a Santiago de Compostela (Cidade da Cultura de Galicia).
- 10:30 h. Entrega de documentación.
- 11:30-12:45 h. Visita guiada á Cidade da Cultura de Galicia.
- 12:45 h. Inauguración do Congreso Lois Pereiro.
- 13:00 h. Lección inaugural. Pere Gimferrer: Un poeta europeo.
- 16:30-17:00 h. Antón Lopo: A culpa foi de Lou Reed.
- 17:00-17:30 h. María do Cebreiro: Na miña alma e nas alleas. Políticas do desacougo en Rosalía de Castro e Lois Pereiro.
- 17:30-18:00 h. Luis Cochón: Vira a morte e terá os teus ollos. Os derradeiros poemarios de Alexandre Cribeiro e Lois Pereiro.
- 18:00-18:30 h. Arturo Casas: Suxeito estético, suxeito político».
- 18:45 h. Saída do autobús de Santiago de Compostela (Cidade da Cultura de Galicia) con destino á Coruña (Porta Real).
VENRES, 16 DE DECEMBRO
Real Academia Galega
- 10:00-10:30 h. Daniel Salgado: Lois Pereiro, o século curto.
- 10:30-11:00 h. Anxo Angueira: Lois Pereiro lírico.
- 11:00-11:30 h. María Xesús Nogueira: Conversa ultramarina. Epistolario de amor e enfermidade de Lois Pereiro.
- 11:30-12:00 h. Descanso.
- 12:00-12:30 h. Miguel Mato Fondo: Dúas cancións e unha elexía para Lois Pereiro.
- 12:30-13:00 h. Olivia Rodríguez: A recepción crítica de Lois Pereiro.
- 13:00-13:30 h. Coloquio.
- 16:30-17:00 h. José Luís Calvo Vidal: Rimbaud / Pereiro. As belezas do abismo.
- 17:00-17:30 h. Xabier Cordal: Lois Pereiro, a xeración sen rede.
- 17:30-18:00 h. Carlos Gegúndez López: Náufragos do paradiso. Monstruo osimorónico sen ataduras
- 18:00-18:15 h. Descanso.
- 18:15-18:45 h. Antón Patiño: A porta xiratoria.
- 18:45-19:15 h. Mercedes Queixas: Por unha canonización (que non beatificación) da obra pereiriana.
- 19:15-19:45 h. Coloquio.
SÁBADO, 17 DE DECEMBRO
Real Academia Galega
- 10:00-10:30 h. Manuel Rivas: O compañeiro da noite.
- 10:30-11:00 h. Xosé Manuel Pereiro: Un mundo chamado Lois. Revisando os danos.
- 11:00-11:30 h. X. Manuel Outeiriño: Esteticismo e terribilitá na obra poética de Pereiro.
- 11:30-12:00 h. Descanso.
- 12:00-12:30 h. Luz Pozo: Se queredes amigos, deixade unha flor.
- 12:30-13:15 h. Lección de clausura, por Chus Pato: Da vida e furia necesaria.
- 13:15 h. Clausura e entrega de diplomas.
[...] a páxina oficial de Lois Pereiro. Recollido tamén en Cultura Galega. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po [...]
[...] de Camilo Franco en La Voz de Galicia: «A segunda xornada do congreso que a Real Academia Galega organizou sobre Lois Pereiro volveu sobre unha das ideas expresadas no [...]
[...] en La Voz de Galicia sobre a derradeira xornada do Congreso Lois Pereiro: «Entre as ponencias presentadas no último día do congreso figuraba a do irmán do escritor, [...]
[...] Artigo de Xosé Manuel Pereiro sobre a primeira xornada do Congreso Lois Pereiro: [...]
[...] de Camilo Franco en La Voz de Galicia: «Méndez Ferrín sentenzou ao finalizar o Congreso da Real Academia Galega que todos «os anos non podemos ter un Lois Pereiro». A valoración do [...]