Audiovisual

‘Declaración’, de Lois, na versión de Os Tres Trebóns e Os homes sen medo

Reproducimos aquí a versión que Os Tres Trebóns e Os Homes sen Medo fixeron do poema de Lois Declaración:

Tamén se pode escoitar aquí.

Vídeo do acto conmemorativo da Real Academia Galega en Monforte, no 17 de maio

Vídeo do “Acto conmemorativo organizado pola Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos, na honra de Lois Pereiro”, que tivo lugar o pasado 17 de maio de 2011, realizado por Blogaliza.tv:

Vídeo do Vento Lois no Antigo Cárcere da Coruña, o 12 de maio

Vídeo do Vento Lois no Antigo Cárcere Provincial da Coruña o 12 de maio de 2011, coa actuación musical de Ulträqäns e Loretta Martin e o recital poético de Cesáreo Sánchez Iglesias, Antía Otero e Xulio López Valcárcel, nun acto presentado por Xurxo Souto e Manuel Rivas. realizado por Blogaliza.tv:

Intervención de Teresa Bermúdez no Vento Lois do 12 de maio en Vigo

O 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa presentación do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, monográfico de Lois Pereiro publicado por Edicións Xerais e elaborado polo Grupo de Análise e Estudo da Literatura e [...]

Intervención musical do Leo no Vento Lois do 12 de maio en Vigo

O 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa presentación do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, monográfico de Lois publicado por Xerais e elaborado polo Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía [...]

Intervención de Manuel Forcadela no Vento Lois do 12 de maio en Vigo

O 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa presentación do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, monográfico de Lois Pereiro publicado por Edicións Xerais e elaborado polo Grupo de Análise e Estudo da Literatura e [...]

Intervención de Anxo Angueira no Vento Lois do 12 de maio en Vigo

O 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa presentación do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, monográfico de Lois Pereiro publicado por Edicións Xerais e elaborado polo Grupo de Análise e Estudo da Literatura e [...]

Desde o xoves 1 de setembro até finais de decembro, no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos), poderase ver a exposición Pinturas de Amor e Enfermidade, de Alberto Granada. Segundo o seu autor, este traballo “xurdiu na primavera de 2010, como a idea da exposición de trece cartóns inspirados por trece versos [...]

Presentación do documental ‘Contra a morte’ na A. C. O Castro de Vigo, o 14 de xuño

Presentación do documental Contra a morte e faladoiro posterior na Asociación Cultural O Castro o martes 14 de xuño de 2011 na Casa Galega da Cultura e Praza da Princesa de Vigo. O vídeo foi realizado por Rosa e Cruz Martínez.

‘Lois Pereiro, un controvertido poeta gallego rescatado del olvido’

Reportaxe do programa de Televisión Española España en comunidad. Almadraba, no que, a partir do minuto 20 e 20 segundos, fálase sobre Lois Pereiro un controvertido poeta gallego rescatado del olvido.

Conferencia de Lino Braxe sobre Lois no Ateneo de Santiago (II)

“Segunda parte da conferencia do Ateneo de Santiago en conmemoración do Día das Letras Galegas impartida o 9 de maio de 2011 por D. Lino Braxe, Poeta, Escritor e Dramaturgo.”

Conferencia de Lino Braxe sobre Lois no Ateneo de Santiago (I)

“Primeira parte da conferencia do Ateneo de Santiago en conmemoración do Día das Letras Galegas impartida o 9 de maio de 2011 por D. Lino Braxe, Poeta, Escritor e Dramaturgo.”

Xogando cos versos de Lois en Londres (2º ciclo Primaria)

Desde o blog Fala Londres chégannos estes traballos sobre Lois: “Nas vésperas do 17 de maio, andamos a xogar cos nosos bonecos preferidos e con algúns versos de Lois Pereiro. Velaquí unha mostra do resultado:”

No blog de Econenos colocaron a súa participación en Choven Letras de Lois Pereiro, con Xogando con Lois

“Participamos no certamen “Choven Letras de Lois Pereiro” convocado pola Fundación Caixa Galicia. No enlace atoparedes o xogo “Xogando con Lois“, a música de Fiandola,…”

Parabéns aos seus autores. O orixinal pódese consultar aquí.

‘Corporal (je t’aime)’, de Antía Otero e Carlos Neira, a partir de poemas de Lois

Resumo da presentación o 17 de maio de 2011, Día das letras galegas, da peza Corporal (je t’aime) no teatro do Centro Ágora da Coruña. Este proxecto está baseado nunha idea de Antía Otero e Carlos Neira, a partir de poemas de Lois Pereiro. – Dirección: Carlos Neira. – En escena: Laura Fandiño, Roi Fernández, [...]

‘Lois Pereiro, recitado en galego e en inglés’

Desde o blog Galegoenlondres.blogspot.com chéganos isto: a antoloxía bilingüe Breogán’s Lighthouse tan só aparecen dous poemas de Lois Pereiro que, para esta ocasión, recitan María, Sonia, Serxio e Laura. Pódense escoitar aquí.

‘LIM Polos camiños de ferro’, sobre Lois Pereiro, do CEIP Porto-Cabeiro (Redondela)

O profesorado ABALAR, do CEIP de Porto-Cabeiro, de Redondela, elaborou este LIM: Polos camiños de ferro, sobre o homenaxeado este ano no día das LETRAS GALEGAS, co fin de coñecer sobre o autor non só a súa infancia e xuventude senón tamén a súa poesía políglota froito das súas viaxes e aprendizaxe de [...]

‘Lois Pereiro, o home, o poeta’, vídeo do acto da Real Academia Galega en Monforte o 17 de maio

Vídeo do acto de homenaxe a Lois por parte da Real Academia Galega en Monforte, o 17 de maio. O vídeo foi colocado na rede por “jrcasan”:

Entrevista a Lois Pereiro na TVG en 1989

‘Lois Pereiro participa no programa Corazonada que presentaba Xosé Ramón Gayoso, o día que levaba por título “Lobos esteparios”, dedicado ás persoas amantes da soidade. Corazonada era un programa de entrevistas que como en todos os “talk shows”, a miúdo, os protagonistas son persoas correntes que contan as súas experiencias persoais.’

Na [...]

‘Toma Lois’ nun supermercado de Vigo, por Xabier Viana

Xabier Viana colgou na rede este vídeo do Toma Lois nun supermercado de Vigo:

‘Poema visual a Lois Pereiro’, de Maribel Longueira

Poema visual a Lois Pereiro, publicado na rede por Opallal, “…entre a mirada e a expresión, alí onde palpita sen mentir a vida…” construción visual do sentir de Lois Pereiro, palabras e versos dos seus poemas e fotografías de Maribel Longueira.

Dear prudence (Lois Pereiro), por Diadermin

Dear prudence (Lois Pereiro), por Diadermin, adaptando unha letra de Lois Pereiro.

‘Revisando os danos’, de Lois, interpretado por alumnos do CEIP Felipe de Castro, de Noia

O grupo de infantil 5 anos do CEIP Felipe de Castro de Noia interpreta o poema Revisando os danos de Lois Pereiro, durante unha clase de Educación Física. Colocado por Xandra Tedín en Vimeo:

Revisando os danos from Xandra Tedín on Vimeo.

‘Furia’, poema de Lois musicado por ‘The Juses’ en Ribeira

O Vento Lois soprou forte en Ribeira, e deixounos esta homenaxe do grupo “The Juses” a Lois, coa versión do seu poema Furia:

Furia (polo grupo de Ribeira The Juses)