Exposición gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas 2011 de educación primaria: CEIP de Laredo (Redondela). Desde a páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nesta ligazón poden descargarse todo o material.
Deixamos aquí a ligazón para o blogue de Séchu Sende, Made in Galiza, onde recolle o seu traballo Lois Pereiro dentro dumha caixinha. Parabéns, Séchu, e grazas por nos permitir partillar esta pequena xoia!
Deixamos aquí o enlace á páxina sobre Lois Pereiro no CEIP de Galán (Oseiro, Arteixo, A Coruña), onde desenvolveron un ben interesante traballo sobre a figura de Lois. Parabéns e grazas a todos os que participaron na súa creación.
Achegamos este magnífico cartaz dixital colocado no blogue Caderno da Lingua, onde experimentando con novas aplicacións chegaron a Glogster, unha ferramenta que permite crear en liña cartaces dixitais multimedia pois permite incrustar imaxes, sons, vídeo, etc. A súa potencialidade didáctica é alta e numerosos os seus usos educativos; nin que dicir ten que [...]
Xosé Manuel Pereiro: «Quería agasallar ao comezo do Ano Lois Pereiro a amigos e non inimigos usando nos meus envíos postais selos persoalizados coa imaxe de Lois, unha opción que ofrece Correos (cobrando 1 euro por cada selo de 0,34 cent).
O resultado era este.
O selo veume [...]