Espectáculos

O sábado 24 de setembro, ás 20:00 horas, na A. C. Bou Eva de Vigo (Rúa Terzo de Fóra, 11), terá lugar unha homenaxe a Lois Pereiro, coa inauguración dunha exposición de obra plástica a cargo de Emilio Cabezas e Zintia, baseada na súa obra, seguida dun recital de poesía e, para finalizar, [...]

O luns 23 de maio, a partir das 22:30 horas, no Pub Ultramarinos (Casas Reais, 34) de Santiago de Compostela, con entradas a 4 euros, a compañía de teatro Fantoches Baj presenta e seu novo espectáculo de teatro de obxectos con música en directo: Poesía última de Lois Pereiro, que xira [...]

“O Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Lavapiés é o escenario elixido para celebrar a Festa das Letras Galegas na capital de España. Será o próximo 21 de maio, no marco dun evento de sete horas e media co que botará a andar o proxecto cultural Galiciaenmadrid.com. Era unha cita obrigada. [...]

‘Lois sobre as táboas’

Desde Culturagalega.org: “Xorden novas propostas para achegarse á figura de Lois Pereiro desde as táboas. O pasado xoves presentábase na Deputación de Lugo Iluminado pola morte. Lois Pereiro, a cargo de Pailamoco Teatro. O proxecto consiste nunha representación teatral de rúa aberto á participación cidadá que amosa a vida e a obra do [...]

O venres 13 de maio, a partir das 21:00 h., no Teleclube de Bretoña (A Pastoriza), o tecido asociativo-cultural lucense organiza un concerto-homenaxe a Lois Pereiro, aberto a todas aquelas persoas e agrupacións que queiran sumarse a el. Na cita estarán presentes os seguintes artistas/grupos, entre outros: – Ondas Martenot (Fran Amil dos Papaqueixos e [...]

O VENTO LOIS chega a Vigo con tres actividades:

– Ás 12:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (Campus As Lagoas, Marcosende) preséntase o libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, monográfico de Lois Pereiro publicado por Edicións Xerais e elaborado [...]

Conferencia de Manuel Rivas, recital dos poetas de ‘De amor e desamor’ e música arredor de Lois na Coruña, o 11 de maio

O mércores 11 de maio, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, Manuel Rivas falará sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, Lois Pereiro, nun acto organizado pola A. C. O Facho. Pola súa banda, ese mesmo día, ás [...]

Pereiro: Mensaxe de vida e furia é a aportación de Catalizador (proxecto cultural galegocatalán do Centro Galego de Barcelona): unha homenaxe de trinta e catro artistas de etnias e culturas distintas a Lois Pereiro. O xoves 28 de abril ás 20:00 inaugúrase a exposición (que estará aberta até o sábado 28 de [...]

O venres 22 de abril, a partir das 23:00 h., no Local Social A Rebusca (Manzaneda), terá lugar un novo concerto de Ondas Martenot, onde se tocará o repertorio coas músicas que lle gustaban a Lois: Lou Reed, Parálisis Permanente, Radio Océano, The Doors… As Ondas Martenot proseguen co seu furor colectivo manufacturado [...]

Acto homenaxe ‘Lois volve ao Incio’, o 30 de abril

Enviado por Xosé Manuel Pereiro: “O 30 de abril, sábado, celebramos un acto homenaxe en recordo de Lois no Incio. Un roteiro entre a casa dos avós paternos, en Reádigos, e a dos avos maternos en Santa Cristiña do Viso, un camiño que facía todos os veraos de neno e agora repetiremos con algo de [...]

(Roberto Roget para o Diário Liberdade) A última vez que se tinha sentido com tanta força a presença de Lois Pereiro em Compostela fora no concerto tributo aos Radio Océano do ano passado, quando Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) cantava ‘Narcisismo’ junto com a mítica banda dos 80. No passado 31 de março, novamente [...]

O espectáculo ‘Mundo Lois’ chega á Coruña o xoves 7 de abril

O xoves 7 de abril, a partir das 20:30 h., no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, representación de Mundo Lois, un espectáculo escénico-audiovisual con guión orixinal de Antón Reixa sobre textos de Lois Pereiro para proxectar a obra poética deste creador a través da palabra e da imaxe. Coa participación de Antela [...]

Aquí deixamos o cartaz do concerto dedicado a Lois Pereiro na Sala Nasa este 31 de marzo, coa participación de Ondas Martenot, Das Kapital, Manu Clavijo e Manuel Cortés.

31 de marzo: tributo a Lois Pereiro na Nasa

O día 31 de marzo, a Nasa propón unha noite pereirística, un tributo poético e rockeiro a Lois Pereiro, que tamén foi veciño ocasional de Compostela. Manuel Cortés dános unhas cantas (boas) razóns para vir. (Ler máis en Sala Nasa)

A Coruña lembra a Pereiro ao berro de “Sempre Lois”, por Héctor J. Pena

“Baixo o sol que tanto lle gustaba”, en palabras de Lino Braxe, A Coruña tornou durante a xornada de onte na capital do universo Lois Pereiro. O desaparecido poeta monfortino recibiu un cálido tributo por parte de centos de persoas, que se congregaron na praza de María Pita para [...]

“Vento Lois”: anímate a ler a Lois Pereiro!!

Dentro das actividades de homenaxe homenaxe á figura de Lois Pereiro, o poeta falecido na cidade no ano 1996 e ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2011, o domingo 20 de marzo terá lugar o espectáculo “Vento Lois”:

* 12:30-12:50 h. Pasarrúas desde a Praza [...]

O vento zoa por Lois Pereiro, por Luis P. Ferreiro

“Os actos cos que o Concello honrará a vida, a obra e a memoria do poeta Lois Pereiro, nado en Monforte pero coruñés de adopción e protagonista do Día das Letras Galegas deste 2011, comezarán o domingo cunha orixinal iniciativa denominada Vento Lois. Esta actividade, que arrincará ás 12.30 [...]

Unha homenaxe convocada para o 20 de marzo: Vento Lois

A concelleira de Cultura, María Xosé Bravo e os escritores Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro veñen de presentar os actos programados desde o Concello arredor da figura de Lois Pereiro, o poeta fallecido na cidade no ano 1996 e ao que se lle dedica o Ano das Letras Galegas 2011. A primeira [...]

Comeza MUNDO LOIS

“Despois dun mes e medio de ensaios abordamos os ensaios xerais de MUNDO LOIS.  A prosa e o verso de Lois nos inspiraron a todos os membros do equipo e hoxe, despois de encaixar con todo o coidado do mundo todas as pezas do noso puzzle  MUNDO LOIS chega aos ensaios xerais finais [...]

“Narcisismo”, por Radio Océano

Vía Alfaias e Brétemas.

MUNDO LOIS é unha coprodución de Nordesía, Filmanova e Kachet. Mirar a través dos ollos de quen escribía para deixarse ver. O seu MUNDO, a súa visión. LOIS Pereiro de cerca.

Achegarse para ir máis lonxe. Afastarse a través dos seus versos para buscar un lugar onde mellorar a visibilidade. Onde a [...]