Eventos

Reportaxe sobre o recital Picaversos adicado a Lois Pereiro o pasado 20 de decembro en Santiago: “O último Picaversos do ano estivo centrado en Lois Pereiro. Intentamos homenaxear ao poeta de Monforte da forma que a el lle gustaría, nun pub, entre copas e música, e escoitando as súas palabras da boca de Iago [...]

O xoves 22 de decembro, ás 19:00 horas, na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco) da Coruña, terá lugar o acto de presentación do libro-catálogo Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño?, onde se recollen os traballos que fixeron parte da exposición do mesmo nome. Participan: Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Silvia [...]

Gimferrer sobre Lois Pereiro

Artigo de Xosé Manuel Pereiro sobre a primeira xornada do Congreso Lois Pereiro:

“Apuntes da conferencia inaugural –Lois Pereiro, un poeta europeo– que Pere Gimferrer, autor do prólogo da obra completa bilingüe de Lois, fixo no Congreso LP, a xeito de tuits (dado que na sala non había cobertura e tamén estou [...]

‘Converter un dandi rural nun fenómeno social’

Crónica en La Voz de Galicia sobre a derradeira xornada do Congreso Lois Pereiro: “Entre as ponencias presentadas no último día do congreso figuraba a do irmán do escritor, Xosé Manuel Pereiro, que, con ironía, a explicaba como un «balance dos danos». As conclusións que tira deste ano dedicado a obra de Lois Pereiro explican [...]

El País: A Academia pecha as honras ao poeta “non homologable”

Artigo de Diana Mandiá en El País (Galicia): “Lois Pereiro foi un poeta que non finxía, convincente, e a súa é unha sensibilidade actual. Hai que pensar que morreu novo, e que a estas alturas sería case un rapaz”. Antón Lopo, autor de A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro (2011), non dubida de [...]

A Real Academia Galega sinala que non todos os anos se pode «ter un Lois Pereiro»

Artigo de Camilo Franco en La Voz de Galicia: “A Real Academia Galega está a punto de pechar o libro Lois Pereiro para abrir o libro Valentín Paz Andrade. A institución clausurou onte o congreso sobre o poeta case como punto final a un ano que distintas voces sinalaron como diferente no histórico das [...]

O director xeral do Libro destaca a “enorme calidade literaria de Galicia” na clausura do congreso ‘Lois Pereiro’

Nota de prensa da Consellería de Cultura: “O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, participou esta mañá na sede da Real Academia Galega, na clausura do Congreso Lois Pereiro, organizado pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e da Universidade da Coruña e que se desenvolveu [...]

Artigo en El Progreso: “Unha placa cun poema de Lois Pereiro lembra dende onte na nova praza pública do Incio as raíces do protagonista das Letras Galegas do 2011. Os actos de conmemoración do ano adicado a Pereiro pecháronse neste concello cunha homenaxe de carácter institucional á que asistiron familiares, veciños, membros da corporación [...]

‘Lois Pereiro, un escritor para outro canon’

Artigo de Camilo Franco en La Voz de Galicia: “A segunda xornada do congreso que a Real Academia Galega organizou sobre Lois Pereiro volveu sobre unha das ideas expresadas no día da apertura de que a atención a escritor non acabe en canto remate o 2011 e o Día das Letras cambie de autor. A [...]

Artigo de Camilo Franco en La Voz de Galicia, sobre a primeira xornada do Congreso Lois Pereiro: “Xosé Luís Méndez Ferrín abriu o congreso sobre Lois Pereiro asegurando que todos «os que tentan imitar a Pere Gimferrer acaban mortos» e o escritor catalán decidiu imitarse a si mesmo na conferencia inaugural do congreso que [...]

O venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, o ENDL do IES Auga da Laxe (Gondomar) organiza un acto de clausura do Ano Lois no Salón de Actos do instituto (coñecido tamén como Ghar Rock Café Augha da Laxe).

O acto constará de tres partes: 1. Unha primeira na que se lerá o [...]

“Remata o ano Lois Pereiro, e Picaversos quere renderlle homenaxe. Paco Macías, Iago Martínez e Mario Regueira lerán textos do poeta monfortino o martes 20 de decembro ás 21:00 horas no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela. Os tres convidados coñecen ben a obra de Lois, mais no noso ciclo de lecturas poéticas non [...]

Entre o xoves 15 e o sábado 17 de decembro, desenvolverase o Congreso Lois Pereiro, organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e da Universidade da Coruña.

O comité organizador está formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Luís Caparrós Esperante e Manuel [...]

O sábado 17 de decembro, no Incio, terá lugar unha Homenaxe a Lois, organizada polo Concello do Incio, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, co seguinte programa: – 19:00 h. Acto de presentación. Descubrimento de placa conmemorativa. – 19:30 h. Recital poético no Local Multiusos do Concello, con Marica Campo, Olga Novo [...]

A mañá do luns 31 de outubro, representantes da Asociación Cultural Cultura do País e da Asemblea da Zona de Lugo d’A Mesa pola Normalización Lingüística rexistraron no Concello de Lugo unha proposta de modificación do rueiro para que a Avenida Ramón Ferreiro pase a chamarse Avenida Lois Pereiro.

O [...]

O mércores 16 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite (Biblioteca do Centro) de Santiago de Compostela, o grupo Ouriol (formado polos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez e a poeta Eva Veiga) representará o espectáculo poético-musical A porta entreaberta ou as balas do desexo, con poemas de [...]

O xoves 3, venres 4 e sábado 5 de novembro, Marcos Calveiro impartirá tres conferencias arredor da vida e obra de Lois Pereiro nos Centros de Estudos Galegos da Universidade de Tubinga, da Universidade de Heidelberg e da Universidade Libre de Berlín. Desde Xerais.

O xoves 3 de novembro, a partir das 23:00 horas, no Clube Clavicémbalo de Lugo (Rúa Paxariños, 23), e con entradas de 8 euros, terá lugar o evento As Músicas de Lois Pereiro, organizado pola Asociación Cultural Cultura do País, onde se fará un percorrido pola traxectoria do poeta, resaltando ademais a importancia [...]

O sábado 24 de setembro, ás 20:00 horas, na A. C. Bou Eva de Vigo (Rúa Terzo de Fóra, 11), terá lugar unha homenaxe a Lois Pereiro, coa inauguración dunha exposición de obra plástica a cargo de Emilio Cabezas e Zintia, baseada na súa obra, seguida dun recital de poesía e, para finalizar, [...]

Vídeo do acto conmemorativo da Real Academia Galega en Monforte, no 17 de maio

Vídeo do “Acto conmemorativo organizado pola Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos, na honra de Lois Pereiro”, que tivo lugar o pasado 17 de maio de 2011, realizado por Blogaliza.tv:

Vídeo do Vento Lois no Antigo Cárcere da Coruña, o 12 de maio

Vídeo do Vento Lois no Antigo Cárcere Provincial da Coruña o 12 de maio de 2011, coa actuación musical de Ulträqäns e Loretta Martin e o recital poético de Cesáreo Sánchez Iglesias, Antía Otero e Xulio López Valcárcel, nun acto presentado por Xurxo Souto e Manuel Rivas. realizado por Blogaliza.tv:

Desde o xoves 1 de setembro até finais de decembro, no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos), poderase ver a exposición Pinturas de Amor e Enfermidade, de Alberto Granada. Segundo o seu autor, este traballo “xurdiu na primavera de 2010, como a idea da exposición de trece cartóns inspirados por trece versos [...]

O mércores 24 de agosto, dentro dos actos da Feira do Libro de Monforte (Rúa Cardeal, s/n.), terá lugar ás 20:30 h. unha mesa redonda sobre Lois na que participarán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Bragado e algúns dos autores que teñen publicado obras sobre o autor homenaxeado en 2011 no Día das Letras [...]

Presentación do documental ‘Contra a morte’ na A. C. O Castro de Vigo, o 14 de xuño

Presentación do documental Contra a morte e faladoiro posterior na Asociación Cultural O Castro o martes 14 de xuño de 2011 na Casa Galega da Cultura e Praza da Princesa de Vigo. O vídeo foi realizado por Rosa e Cruz Martínez.