Fotografías

Reportaxe de Henrique Mariño no diario Público (a fotografía é de Vari Caramés): “Primero fue la porfiada campanada de la muerte y, después, el arrebato creativo frente a la inminencia. Cuando Lois Pereiro supo que alojaba el veneno, apuró la pluma para facturar Poesía última de amor e enfermidade, un descarnado testamento vital considerado [...]

Reportaxe sobre o recital Picaversos adicado a Lois Pereiro o pasado 20 de decembro en Santiago: “O último Picaversos do ano estivo centrado en Lois Pereiro. Intentamos homenaxear ao poeta de Monforte da forma que a el lle gustaría, nun pub, entre copas e música, e escoitando as súas palabras da boca de Iago [...]

O xoves 22 de decembro, ás 19:00 horas, na Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco) da Coruña, terá lugar o acto de presentación do libro-catálogo Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño?, onde se recollen os traballos que fixeron parte da exposición do mesmo nome. Participan: Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Silvia [...]

Artigo en El Progreso: “Unha placa cun poema de Lois Pereiro lembra dende onte na nova praza pública do Incio as raíces do protagonista das Letras Galegas do 2011. Os actos de conmemoración do ano adicado a Pereiro pecháronse neste concello cunha homenaxe de carácter institucional á que asistiron familiares, veciños, membros da corporación [...]

Artigo de Camilo Franco en La Voz de Galicia, sobre a primeira xornada do Congreso Lois Pereiro: “Xosé Luís Méndez Ferrín abriu o congreso sobre Lois Pereiro asegurando que todos «os que tentan imitar a Pere Gimferrer acaban mortos» e o escritor catalán decidiu imitarse a si mesmo na conferencia inaugural do congreso que [...]

O venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, o ENDL do IES Auga da Laxe (Gondomar) organiza un acto de clausura do Ano Lois no Salón de Actos do instituto (coñecido tamén como Ghar Rock Café Augha da Laxe).

O acto constará de tres partes: 1. Unha primeira na que se lerá o [...]

“Remata o ano Lois Pereiro, e Picaversos quere renderlle homenaxe. Paco Macías, Iago Martínez e Mario Regueira lerán textos do poeta monfortino o martes 20 de decembro ás 21:00 horas no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela. Os tres convidados coñecen ben a obra de Lois, mais no noso ciclo de lecturas poéticas non [...]

Entre o xoves 15 e o sábado 17 de decembro, desenvolverase o Congreso Lois Pereiro, organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e da Universidade da Coruña.

O comité organizador está formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Luís Caparrós Esperante e Manuel [...]

O sábado 17 de decembro, no Incio, terá lugar unha Homenaxe a Lois, organizada polo Concello do Incio, coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, co seguinte programa: – 19:00 h. Acto de presentación. Descubrimento de placa conmemorativa. – 19:30 h. Recital poético no Local Multiusos do Concello, con Marica Campo, Olga Novo [...]

Artigo de Henrique Mariño no blog Solución salina, do diario Público (a foto é a que aparece no artigo, de Vari Caramés): “Su rostro era un campo de batalla donde se habían atrincherado el jaco y el sida, el paraíso reventado de la prosopología, un filme expresionista proyectado desde las cuencas fondas, lóbregas, de [...]

Publicouse xa o catálogo da exposición Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño? na Fundación Luís Seoane, onde se recollen textos de Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Fernando Saco, Alberto Ruiz de Samaniego e o comisario da mesma, Antón Patiño.

Sae a luz un novo libro de Antón Patiño sobre Lois: Lois Pereiro. Dicionario de sombras, publicado en Espiral Maior, que ven completar as achegas xa feitas por este autor en Radiografía do abismo.

Reproducimos aquí un artigo de Daniel Salgado en El País (Galicia), publicado o venres 30 de decembro de [...]

A mañá do luns 31 de outubro, representantes da Asociación Cultural Cultura do País e da Asemblea da Zona de Lugo d’A Mesa pola Normalización Lingüística rexistraron no Concello de Lugo unha proposta de modificación do rueiro para que a Avenida Ramón Ferreiro pase a chamarse Avenida Lois Pereiro.

O [...]

O mércores 16 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite (Biblioteca do Centro) de Santiago de Compostela, o grupo Ouriol (formado polos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez e a poeta Eva Veiga) representará o espectáculo poético-musical A porta entreaberta ou as balas do desexo, con poemas de [...]

O xoves 3, venres 4 e sábado 5 de novembro, Marcos Calveiro impartirá tres conferencias arredor da vida e obra de Lois Pereiro nos Centros de Estudos Galegos da Universidade de Tubinga, da Universidade de Heidelberg e da Universidade Libre de Berlín. Desde Xerais.

O xoves 3 de novembro, a partir das 23:00 horas, no Clube Clavicémbalo de Lugo (Rúa Paxariños, 23), e con entradas de 8 euros, terá lugar o evento As Músicas de Lois Pereiro, organizado pola Asociación Cultural Cultura do País, onde se fará un percorrido pola traxectoria do poeta, resaltando ademais a importancia [...]

“O completo dosier que Poesiagalega.org presentaba o pasado mes de maio sobre Lois Pereiro conta xa cunha segunda edición ampliada. A nova versión “incorpora unha parte significativa da relevante produción crítica dedicada ao autor con motivo da celebración do Día das Letras”, entre as que se atopan os suplementos específicos [...]

O sábado 24 de setembro, ás 20:00 horas, na A. C. Bou Eva de Vigo (Rúa Terzo de Fóra, 11), terá lugar unha homenaxe a Lois Pereiro, coa inauguración dunha exposición de obra plástica a cargo de Emilio Cabezas e Zintia, baseada na súa obra, seguida dun recital de poesía e, para finalizar, [...]

Artigo publicado en Cultura Galega:

‘Hai non tanto tempo eran moitas as voces que sinalaban que o Día das Letras era unha celebración caduca e con pouco futuro. No entanto, as edicións dos últimos anos, dedicadas sucesivamente a nomes de lustre e con contrastada calidade literaria como Xosé María Álvarez Blázquez, [...]

Desde o xoves 1 de setembro até finais de decembro, no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos), poderase ver a exposición Pinturas de Amor e Enfermidade, de Alberto Granada. Segundo o seu autor, este traballo “xurdiu na primavera de 2010, como a idea da exposición de trece cartóns inspirados por trece versos [...]

Artigo de Ángel L. Prieto de Paula sobre Lois, publicado en Babelia (El País):

“Poesía. Aun cuando contraste con su severidad institucional, la Real Academia Galega ha dedicado el Día das Letras Galegas 2011 a Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996), un poeta underground, iconoclasta y alejado de la esclerosis [...]

Artigo de Antonio Báez Rodríguez, no seu blog Cuentos de barro (a fotografía é a que acompaña o texto no orixinal):

“Desde el año 1963 cada 17 de mayo la Real Academia Galega celebra, al principio casi desde la clandestinidad, el día de las letras galegas, consistente en un homenaje que honra [...]

“Lois Pereiro. Poemas é unha escolma da poesía de Lois recitada por O Leo acompañado pola música de Alfonso Camarero. Foi editada por Xestión Literaria Galega (de Rinoceronte Editora) no 2011. Esta gravación toca o nervo da poesía de Lois Pereiro, tan singular e significativa. A simbiose entre texto, voz e son transmite [...]

Entrevista a Mario Regueira no Xornal de Galicia:

‘”Lois é unha persoa de fronteira”, advirte a contracapa. Ese é o Pereiro que persegue Mario Regueira (Ferrol, 1979), poeta, narrador e pereirista confeso. Faino, argumenta, nunha dobre acepción: como autor e como crítico. Tamén vale estoutra: “Como un contrabandista que perdeu o [...]