Entre o xoves 15 e o sábado 17 de decembro, desenvolverase o Congreso Lois Pereiro, organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e da Universidade da Coruña.
O comité organizador está formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Luís Caparrós Esperante e Manuel [...]
O mércores 16 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite (Biblioteca do Centro) de Santiago de Compostela, o grupo Ouriol (formado polos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez e a poeta Eva Veiga) representará o espectáculo poético-musical A porta entreaberta ou as balas do desexo, con poemas de [...]
«O completo dosier que Poesiagalega.org presentaba o pasado mes de maio sobre Lois Pereiro conta xa cunha segunda edición ampliada. A nova versión «incorpora unha parte significativa da relevante produción crítica dedicada ao autor con motivo da celebración do Día das Letras», entre as que se atopan os suplementos específicos [...]
Vídeo do «Acto conmemorativo organizado pola Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos, na honra de Lois Pereiro», que tivo lugar o pasado 17 de maio de 2011, realizado por Blogaliza.tv:
Vídeo do Vento Lois no Antigo Cárcere Provincial da Coruña o 12 de maio de 2011, coa actuación musical de Ulträqäns e Loretta Martin e o recital poético de Cesáreo Sánchez Iglesias, Antía Otero e Xulio López Valcárcel, nun acto presentado por Xurxo Souto e Manuel Rivas. realizado por Blogaliza.tv:
Artigo publicado en Cultura Galega:
‘Hai non tanto tempo eran moitas as voces que sinalaban que o Día das Letras era unha celebración caduca e con pouco futuro. No entanto, as edicións dos últimos anos, dedicadas sucesivamente a nomes de lustre e con contrastada calidade literaria como Xosé María Álvarez Blázquez, [...]
Artigo de Ángel L. Prieto de Paula sobre Lois, publicado en Babelia (El País):
«Poesía. Aun cuando contraste con su severidad institucional, la Real Academia Galega ha dedicado el Día das Letras Galegas 2011 a Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996), un poeta underground, iconoclasta y alejado de la esclerosis [...]
«Lois Pereiro. Poemas é unha escolma da poesía de Lois recitada por O Leo acompañado pola música de Alfonso Camarero. Foi editada por Xestión Literaria Galega (de Rinoceronte Editora) no 2011. Esta gravación toca o nervo da poesía de Lois Pereiro, tan singular e significativa. A simbiose entre texto, voz e son transmite [...]
Presentación do documental Contra a morte e faladoiro posterior na Asociación Cultural O Castro o martes 14 de xuño de 2011 na Casa Galega da Cultura e Praza da Princesa de Vigo. O vídeo foi realizado por Rosa e Cruz Martínez.
Artigo de Iago Martínez en Xornal de Galicia:
«Para Isabel: ela, a que exerce na luz. Así empeza un dos últimos cadernos que escribiu Lois Pereiro antes de morrer. Un dietario que lle dedicou á persoa que llo puxera nas mans como agasallo: Isabel Romero, a muller do seu irmán Xosé Manuel. [...]
«Coincidindo coa concesión do Día das Letras Galegas 2011 ao poeta Lois Pereiro, a Fundación Luís Seoane dedica esta exposición á figura e obra dun autor chave para comprender gran parte da escea cultural galega durante a segunda metade do século XX. Comisariada polo pintor e escritor Antón Patiño, [...]
«Transcrición dunha entrevista feita por Ana Romaní a Lois Pereiro na Radio Galega, co gallo da publicación de Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995. Ábrese e péchase coa lectura por parte da entrevistadora de dous poemas de Pereiro e ademais intercálase a lectura doutros dous. Na conversa ambos os [...]
«Conversa entre Lois Pereiro e Manuel Rivas, publicada no número que lle dedicou Luzes de Galiza logo da súa morte. Acompáñase con fotografías de Vari Caramés. Fálase sobre o oficio do poeta, a necesidade da poesía de vangardas fronte a narrativa compracente, e do valor determinante que tivo na súa xeración [...]
«Entrevista de Manuel Carballido na que Lois Pereiro fai un repaso das súas colaboracións en diversas revistas e nos núcleos de intervención a elas asociados. Recupera nesa liña referencias de amizades e camaradaxes en Madrid e na Coruña. Tamén fai valoracións sobre o nivel da produción poética galega en [...]
Deixamos aquí a ligazón ao especial sobre Lois Pereiro que se pode ver na web da Real Academia Galega.
O profesorado ABALAR, do CEIP de Porto-Cabeiro, de Redondela, elaborou este LIM: Polos camiños de ferro, sobre o homenaxeado este ano no día das LETRAS GALEGAS, co fin de coñecer sobre o autor non só a súa infancia e xuventude senón tamén a súa poesía políglota froito das súas viaxes e aprendizaxe de [...]
Vídeo do acto de homenaxe a Lois por parte da Real Academia Galega en Monforte, o 17 de maio. O vídeo foi colocado na rede por «jrcasan»:
‘Lois Pereiro participa no programa Corazonada que presentaba Xosé Ramón Gayoso, o día que levaba por título «Lobos esteparios», dedicado ás persoas amantes da soidade. Corazonada era un programa de entrevistas que como en todos os «talk shows», a miúdo, os protagonistas son persoas correntes que contan as súas experiencias persoais.’
Na [...]
Entrevista de Santiago Jaureguizar a Manuel Rivas en Galiciaé-El Progreso: ‘Pereiro e Rivas compartiron numerosas experiencias vitais e intelectuais desde que se reuniron para dar contidos á revista Loia en Madrid ata o colectivo De Amor e Desamor na Coruña. - Pregunta: A Real Academia Galega tomou a candidatura con escepticismo. - Resposta: Eu fun un [...]
Crónica publicada por Tatiana López en La Voz de Galicia (a foto coa que se ilustra a nova é a dun retrato de Lois feito por Maximiliano López, no Instituto de Monforte): ‘Conta Xosé Manuel Pereiro, xornalista e irmán do protagonista do Día das Letras Galegas, que o seu irmán Lois «sempre tivo claras [...]
O grupo de infantil 5 anos do CEIP Felipe de Castro de Noia interpreta o poema Revisando os danos de Lois Pereiro, durante unha clase de Educación Física. Colocado por Xandra Tedín en Vimeo:
Revisando os danos from Xandra Tedín on Vimeo.
Deixamos aquí a ligazón para o espazo creado na rede pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística en homenaxe a Lois, onde se recolle unha enorme cantidade de información sobre o autor.
Vídeo do Vento Lois celebrado na Coruña o domingo 20 de marzo:
Desde Galicia móvese.
Artigo de Santiago Jaureguizar en El Progreso (a foto provén do mesmo artigo): ‘LOIS PEREIRO debía de intuír a súa proxección futura na cultura galega porque, sendo un rapaz, escribiu a súa autobiografía: »Nunca escribirei en castelán. Vou ser como Manuel Antonio, publicarei un libro e morrerei novo», adiantoulle un día a [...]