Lois Pereiro

Entre o xoves 15 e o sábado 17 de decembro, desenvolverase o Congreso Lois Pereiro, organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e da Universidade da Coruña.

O comité organizador está formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Luís Caparrós Esperante e Manuel [...]

O mércores 16 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Sociocultural de Vite (Biblioteca do Centro) de Santiago de Compostela, o grupo Ouriol (formado polos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez e a poeta Eva Veiga) representará o espectáculo poético-musical A porta entreaberta ou as balas do desexo, con poemas de [...]

“O completo dosier que Poesiagalega.org presentaba o pasado mes de maio sobre Lois Pereiro conta xa cunha segunda edición ampliada. A nova versión “incorpora unha parte significativa da relevante produción crítica dedicada ao autor con motivo da celebración do Día das Letras”, entre as que se atopan os suplementos específicos [...]

Vídeo do acto conmemorativo da Real Academia Galega en Monforte, no 17 de maio

Vídeo do “Acto conmemorativo organizado pola Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos, na honra de Lois Pereiro”, que tivo lugar o pasado 17 de maio de 2011, realizado por Blogaliza.tv:

Vídeo do Vento Lois no Antigo Cárcere da Coruña, o 12 de maio

Vídeo do Vento Lois no Antigo Cárcere Provincial da Coruña o 12 de maio de 2011, coa actuación musical de Ulträqäns e Loretta Martin e o recital poético de Cesáreo Sánchez Iglesias, Antía Otero e Xulio López Valcárcel, nun acto presentado por Xurxo Souto e Manuel Rivas. realizado por Blogaliza.tv:

Artigo publicado en Cultura Galega:

‘Hai non tanto tempo eran moitas as voces que sinalaban que o Día das Letras era unha celebración caduca e con pouco futuro. No entanto, as edicións dos últimos anos, dedicadas sucesivamente a nomes de lustre e con contrastada calidade literaria como Xosé María Álvarez Blázquez, [...]

Artigo de Ángel L. Prieto de Paula sobre Lois, publicado en Babelia (El País):

“Poesía. Aun cuando contraste con su severidad institucional, la Real Academia Galega ha dedicado el Día das Letras Galegas 2011 a Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996), un poeta underground, iconoclasta y alejado de la esclerosis [...]

“Lois Pereiro. Poemas é unha escolma da poesía de Lois recitada por O Leo acompañado pola música de Alfonso Camarero. Foi editada por Xestión Literaria Galega (de Rinoceronte Editora) no 2011. Esta gravación toca o nervo da poesía de Lois Pereiro, tan singular e significativa. A simbiose entre texto, voz e son transmite [...]

Presentación do documental ‘Contra a morte’ na A. C. O Castro de Vigo, o 14 de xuño

Presentación do documental Contra a morte e faladoiro posterior na Asociación Cultural O Castro o martes 14 de xuño de 2011 na Casa Galega da Cultura e Praza da Princesa de Vigo. O vídeo foi realizado por Rosa e Cruz Martínez.

‘Xerais prepara un volume con textos inéditos de Lois Pereiro’

Artigo de Iago Martínez en Xornal de Galicia:

“Para Isabel: ela, a que exerce na luz. Así empeza un dos últimos cadernos que escribiu Lois Pereiro antes de morrer. Un dietario que lle dedicou á persoa que llo puxera nas mans como agasallo: Isabel Romero, a muller do seu irmán Xosé Manuel. [...]

“Coincidindo coa concesión do Día das Letras Galegas 2011 ao poeta Lois Pereiro, a Fundación Luís Seoane dedica esta exposición á figura e obra dun autor chave para comprender gran parte da escea cultural galega durante a segunda metade do século XX. Comisariada polo pintor e escritor Antón Patiño, [...]

Entrevista de Ana Romaní a Lois Pereiro sobre ‘Poesía última de amor e enfermidade’

“Transcrición dunha entrevista feita por Ana Romaní a Lois Pereiro na Radio Galega, co gallo da publicación de Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995. Ábrese e péchase coa lectura por parte da entrevistadora de dous poemas de Pereiro e ademais intercálase a lectura doutros dous. Na conversa ambos os [...]

A derradeira entrevista a Lois Pereiro: ‘Apostei a carta máis alta’, por Manuel Rivas (1997)

“Conversa entre Lois Pereiro e Manuel Rivas, publicada no número que lle dedicou Luzes de Galiza logo da súa morte. Acompáñase con fotografías de Vari Caramés. Fálase sobre o oficio do poeta, a necesidade da poesía de vangardas fronte a narrativa compracente, e do valor determinante que tivo na súa xeración [...]

Entrevista de Manuel Carballido a Lois: ‘Lois Pereiro: ‘Á xente extráñalle a miña linguaxe poética”, en A Nosa Terra (1990)

“Entrevista de Manuel Carballido na que Lois Pereiro fai un repaso das súas colaboracións en diversas revistas e nos núcleos de intervención a elas asociados. Recupera nesa liña referencias de amizades e camaradaxes en Madrid e na Coruña. Tamén fai valoracións sobre o nivel da produción poética galega en [...]

Deixamos aquí a ligazón ao especial sobre Lois Pereiro que se pode ver na web da Real Academia Galega.

‘LIM Polos camiños de ferro’, sobre Lois Pereiro, do CEIP Porto-Cabeiro (Redondela)

O profesorado ABALAR, do CEIP de Porto-Cabeiro, de Redondela, elaborou este LIM: Polos camiños de ferro, sobre o homenaxeado este ano no día das LETRAS GALEGAS, co fin de coñecer sobre o autor non só a súa infancia e xuventude senón tamén a súa poesía políglota froito das súas viaxes e aprendizaxe de [...]

‘Lois Pereiro, o home, o poeta’, vídeo do acto da Real Academia Galega en Monforte o 17 de maio

Vídeo do acto de homenaxe a Lois por parte da Real Academia Galega en Monforte, o 17 de maio. O vídeo foi colocado na rede por “jrcasan”:

Entrevista a Lois Pereiro na TVG en 1989

‘Lois Pereiro participa no programa Corazonada que presentaba Xosé Ramón Gayoso, o día que levaba por título “Lobos esteparios”, dedicado ás persoas amantes da soidade. Corazonada era un programa de entrevistas que como en todos os “talk shows”, a miúdo, os protagonistas son persoas correntes que contan as súas experiencias persoais.’

Na [...]

Manuel Rivas: ‘Lois Pereiro é un anticipado, vai abrindo camiño aos outros’

Entrevista de Santiago Jaureguizar a Manuel Rivas en Galiciaé-El Progreso: ‘Pereiro e Rivas compartiron numerosas experiencias vitais e intelectuais desde que se reuniron para dar contidos á revista Loia en Madrid ata o colectivo De Amor e Desamor na Coruña. – Pregunta: A Real Academia Galega tomou a candidatura con escepticismo. – Resposta: Eu fun un [...]

Crónica publicada por Tatiana López en La Voz de Galicia (a foto coa que se ilustra a nova é a dun retrato de Lois feito por Maximiliano López, no Instituto de Monforte): ‘Conta Xosé Manuel Pereiro, xornalista e irmán do protagonista do Día das Letras Galegas, que o seu irmán Lois “sempre tivo claras [...]

‘Revisando os danos’, de Lois, interpretado por alumnos do CEIP Felipe de Castro, de Noia

O grupo de infantil 5 anos do CEIP Felipe de Castro de Noia interpreta o poema Revisando os danos de Lois Pereiro, durante unha clase de Educación Física. Colocado por Xandra Tedín en Vimeo:

Revisando os danos from Xandra Tedín on Vimeo.

Deixamos aquí a ligazón para o espazo creado na rede pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística en homenaxe a Lois, onde se recolle unha enorme cantidade de información sobre o autor.

Vídeo do ‘Vento Lois’ celebrado na Coruña o domingo 20 de marzo

Vídeo do Vento Lois celebrado na Coruña o domingo 20 de marzo:

Desde Galicia móvese.

Artigo de Santiago Jaureguizar en El Progreso (a foto provén do mesmo artigo): ‘LOIS PEREIRO debía de intuír a súa proxección futura na cultura galega porque, sendo un rapaz, escribiu a súa autobiografía: ”Nunca escribirei en castelán. Vou ser como Manuel Antonio, publicarei un libro e morrerei novo”, adiantoulle un día a [...]