Biografías

‘Lois Pereiro. Breve encontro, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra de Lois Pereiro, o poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da [...]

O venres 13 de maio, ás 20:30 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, de Mercedes Queixas, acompañada por Francisco Pillado, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, ás [...]

Publicado en Laiovento o ensaio Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro, de Miguel Anxo Mato Fondo: “Na súa curta obra, Lois Pereiro achegou á poesía galega unha estética moi persoal, cunha carga de ironía, melancolía e convencida tanxencialidade, no gume do marxinal, expresada cunha enorme sensibilidade, desde un discurso poético esencialmente [...]

Marcos Calveiro: ‘Con Lois Pereiro, a Real Academia Galega, por primeira vez, non vende o cadáver exquisito de tódolos anos’

Entrevista de Mar Mato a Marcos Calveiro en Faro de Vigo: “(…) – Faro de Vigo: Vén de pubicar Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (Xerais), unha biografía atípica. – Marcos Calveiro: A min, encargáronme facer unha biografía de Lois, o que aceptei de inmediato porque era unha honra, aínda que non o coñecín persoalmente. [...]

Reportaxe sobre A palabra exacta, de Antón Lopo, en Galicia Hoxe: “Antón Lopo: “Lois Pereiro non era un poeta maldito nin un outsider: distinguíase da súa xeración no seu carácter popular, que emanaba do pobo” “Leva tracexado no seu físico o mapa da sociedade posmoderna galega e, no seu propio corpo, leva escritos os accidentes [...]

María Xesús Nogueira publica o ‘Dicionario’ Lois Pereiro en 3C3 Editores, dentro da súa colección Biográficos. Reproducimos aquí unha parte do Limiar do libro, a cargo de Xosé Luís Méndez Ferrín: “A estudosa foca neste libro un Lois Pereiro entendido como totalidade e relacionado co seu, co noso, tempo. O ollar crítico [...]

Publicado O leite negro da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, de José Luis Calvo Vidal e Carlos Gegúndez López, na Editorial Toxosoutos. O contido do volume está composto por unha cronobiografía, un percorrido polo seu labor literario, unha bibliografía completa de e sobre Lois Pereiro, e un conxunto de poemas [...]

Xa está nas librarías o libro Lois Pereiro. Vida e obra, do periodista Iago Martínez, publicado en Xerais: “Durante algunhas semanas, ao periodista Iago Martínez, xefe de Cultura de Xornal de Galicia, púxoselle cara de biógrafo en apuros. Mentres os prazos para entregar o libro finalizado ían fuxindo sobre os calendarios, a vida [...]

Publícase Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, de Mercedes Queixas, publicada en Laiovento, na que percorre a súa traxectoria. ‘Esta obra nace con vontade de ser unha biografía divulgativa, polo tanto aberta e accesible para todos cuxa lectura permita tirar unha imaxe global de Lois’, sinala Queixas. Nese sentido, sobre a [...]

A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo, publicada en Galaxia, é a biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011 e un achegamento a Pereiro a través das persoas que máis íntima relación mantiveron con el, pero tamén coas voces que se enfrontaron á análise da súa poesía ou que, [...]

Lembrando Lois Pereiro no Borrazás (II): palabra e son

Lembrando Lois Pereiro no Borrazás (I)

Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía, de Marcos Calveiro, é unha das novidades deste mes de febreiro na colección Fóra de Xogo.

Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografía amosa algunha das escenas de vida do poeta Lois Pereiro. A súa infancia e [...]

Recensión de Lois Pereiro. Radiografía do abismo, publicado en Espiral Maior no 2010. Do Caderno da Crítica, blogue de Ramón Nicolás: “Que Antón Patiño (Monforte, 1957), alén da súa notoria e recoñecida traxectoria internacional como artista plástico, é un teórico e ensaísta de altura resulta incontestable. Por se non abondase con anteriores entregas do autor [...]