Homenaxes

Publicouse xa o catálogo da exposición Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño? na Fundación Luís Seoane, onde se recollen textos de Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Fernando Saco, Alberto Ruiz de Samaniego e o comisario da mesma, Antón Patiño.

Sae a luz un novo libro de Antón Patiño sobre Lois: Lois Pereiro. Dicionario de sombras, publicado en Espiral Maior, que ven completar as achegas xa feitas por este autor en Radiografía do abismo.

Reproducimos aquí un artigo de Daniel Salgado en El País (Galicia), publicado o venres 30 de decembro de [...]

O xoves 23 de xuño, a partir das 22:00 horas, no Bar Patachim (Beiramar, 16) da Coruña, terá lugar a presentación do libro Lois Pereiro. Unha persecución, de Mario Regueira, publicado en 2.0 Editora. Anúnciase tamén a participación de:

– As integrantes máis guapas das Ataque Escampe. – David Pobra ofrecerá unha performance [...]

“Que lle podo ofrecer a quen me intente? é un monográfico sobre Lois Pereiro coordinado por Anxo Angueira e Teresa Bermúdez Montes e coeditado por Xerais e a Universidade de Vigo. Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), [...]

Publicado ‘Lois Pereiro. Unha persecución’, de Mario Regueira, en 2.0 Editora

Publícase o libro Lois Pereiro. Unha persecución, de Mario Regueira, en 2.0 Editora. Segundo se afirma nel: “Mario Regueira ofrécenos en Lois Pereiro. Unha persecución a reflexión e a intelixente mirada dun ávido lector dos versos do poeta. Unha das tentativas deste libro é seguirlle a pista, atravesar esas fronteiras cara a un e [...]

“Lois Pereiro. Canción última…, publicado en Edicións do Cumio, é o traballo que o cantante e compositor Manu Clavijo fai sobre os textos do poeta Lois Pereiro, ao que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Cos temas que compoñen este volume, baseados todos eles en textos dos libros Poemas [...]

‘Furia’, poema de Lois musicado por ‘The Juses’ en Ribeira

O Vento Lois soprou forte en Ribeira, e deixounos esta homenaxe do grupo “The Juses” a Lois, coa versión do seu poema Furia:

Furia (polo grupo de Ribeira The Juses)

‘Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro’, libro electrónico publicado pola AELG

‘Con motivo do Día das Letras Galegas a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega edita un libro electrónico coas colaboracións dos seus asociados e asociadas, Vivir un soño repetido. Os participantes son: Francisco Álvarez-Koki, Ana Arias Saavedra, Afonso Becerra de Becerreá, Concha Blanco, Lino Braxe, Ramón Caride, Arturo Casas, Francisco [...]

Publicado en Xornal: “Soubo cantar coma poucos o vínculo entre o amor e a enfermidade”. Así lembraba onte o reitor Juan Casares Long ao poeta monfortino Lois Pereiro, a quen se lle de dedica este ano o Día das Letras Galegas, no acto literario que a Universidade de Santiago de Compostela celebra cada ano. [...]

Publicado en Laiovento o ensaio Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro, de Miguel Anxo Mato Fondo: “Na súa curta obra, Lois Pereiro achegou á poesía galega unha estética moi persoal, cunha carga de ironía, melancolía e convencida tanxencialidade, no gume do marxinal, expresada cunha enorme sensibilidade, desde un discurso poético esencialmente [...]

Pereiro: Mensaxe de vida e furia é a aportación de Catalizador (proxecto cultural galegocatalán do Centro Galego de Barcelona): unha homenaxe de trinta e catro artistas de etnias e culturas distintas a Lois Pereiro. O xoves 28 de abril ás 20:00 inaugúrase a exposición (que estará aberta até o sábado 28 de [...]

“O xoves 28 de abril a partir das 20:15 h. no Edificio Multiusos as monfortinas e monfortinos teremos unha magnífica oportunidade de achegarnos á figura de Lois Pereiro, escritor monfortino ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2011, a través do espectáculo Mundo Lois. Mundo Lois, que xorde dunha idea de [...]

Presentación en Prezi do traballo sobre Lois Pereiro feito polo IES As Barxas

Deixamos aquí o enlace ao traballo feito en homenaxe a Lois Pereiro polo IES As Barxas. Parabéns aos seus autores!

Deixamos aquí a ligazón para o blogue de Séchu Sende, Made in Galiza, onde recolle o seu traballo Lois Pereiro dentro dumha caixinha. Parabéns, Séchu, e grazas por nos permitir partillar esta pequena xoia!

De La Voz de Galicia (Lemos): 2 Los integrantes de la empresa Condición Creativa, Humberto Loureiro y Miguel Rodríguez en colaboración con el Ayuntamiento de Monforte también rinden estos días un homenaje -a su manera- al poeta monfortino. Pintan un retrato suyo en el lateral de una vivienda de la calle Juan Ramón [...]

Lembrando Lois Pereiro no Borrazás (I)

David Pobra: a Lois Pereiro

“Vento Lois”: anímate a ler a Lois Pereiro!!

Dentro das actividades de homenaxe homenaxe á figura de Lois Pereiro, o poeta falecido na cidade no ano 1996 e ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2011, o domingo 20 de marzo terá lugar o espectáculo “Vento Lois”:

* 12:30-12:50 h. Pasarrúas desde a Praza [...]

Os escritores publicarán un libro homenaxe a Lois Pereiro en edición dixital

“Esta é a segunda proposta colaborativa que desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega estamos a organizar para contribuírmos á visualización e actualización da obra literaria e pensamento de Lois Pereiro. É o noso propósito elaborarmos un LIBRO HOMENAXE A LOIS PEREIRO para o que solicitamos dos Socios/as da AELG que nos [...]

Recensión de Lois Pereiro. Radiografía do abismo, publicado en Espiral Maior no 2010. Do Caderno da Crítica, blogue de Ramón Nicolás: “Que Antón Patiño (Monforte, 1957), alén da súa notoria e recoñecida traxectoria internacional como artista plástico, é un teórico e ensaísta de altura resulta incontestable. Por se non abondase con anteriores entregas do autor [...]