Portadas

Publicouse xa o catálogo da exposición Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño? na Fundación Luís Seoane, onde se recollen textos de Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Fernando Saco, Alberto Ruiz de Samaniego e o comisario da mesma, Antón Patiño.

Sae a luz un novo libro de Antón Patiño sobre Lois: Lois Pereiro. Dicionario de sombras, publicado en Espiral Maior, que ven completar as achegas xa feitas por este autor en Radiografía do abismo.

Reproducimos aquí un artigo de Daniel Salgado en El País (Galicia), publicado o venres 30 de decembro de [...]

“Que lle podo ofrecer a quen me intente? é un monográfico sobre Lois Pereiro coordinado por Anxo Angueira e Teresa Bermúdez Montes e coeditado por Xerais e a Universidade de Vigo. Este volume é o primeiro resultado dun proxecto concibido polo grupo GAELT (Grupo de Análise e Estudo da Literatura e a Tradutoloxía), [...]

“Xa é posible ler a Lois Pereiro en formato e-book. Modesta proposición e outros ensaios está a disposición dos lectores e lectoras desde o espazo de Xerais en Todoebook. Deste xeito, unha das obras máis emblemáticas de Pereiro pasa a estar dispoñible en formato e-PUB ao prezo de 8 euros.”

Publicado ‘Lois Pereiro. Unha persecución’, de Mario Regueira, en 2.0 Editora

Publícase o libro Lois Pereiro. Unha persecución, de Mario Regueira, en 2.0 Editora. Segundo se afirma nel: “Mario Regueira ofrécenos en Lois Pereiro. Unha persecución a reflexión e a intelixente mirada dun ávido lector dos versos do poeta. Unha das tentativas deste libro é seguirlle a pista, atravesar esas fronteiras cara a un e [...]

‘Lois Pereiro. Breve encontro, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra de Lois Pereiro, o poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da [...]

‘Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro’, libro electrónico publicado pola AELG

‘Con motivo do Día das Letras Galegas a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega edita un libro electrónico coas colaboracións dos seus asociados e asociadas, Vivir un soño repetido. Os participantes son: Francisco Álvarez-Koki, Ana Arias Saavedra, Afonso Becerra de Becerreá, Concha Blanco, Lino Braxe, Ramón Caride, Arturo Casas, Francisco [...]

Publicado o libro Lois Pereiro en 17 voces en La Voz de Galicia:

“La Voz de Galicia presentou na sede da Real Academia Galega na Coruña o libro que dende hai xa dez anos dedica ao escritor homenaxeado no Día das Letras e que ofrecerá o vindeiro martes [17 de maio, [...]

“Coincidindo coa celebración do 17 de maio, Xerais adianta 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre a [...]

Publicado en Laiovento o ensaio Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro, de Miguel Anxo Mato Fondo: “Na súa curta obra, Lois Pereiro achegou á poesía galega unha estética moi persoal, cunha carga de ironía, melancolía e convencida tanxencialidade, no gume do marxinal, expresada cunha enorme sensibilidade, desde un discurso poético esencialmente [...]

A editorial Small Stations Press, dirixida por Jonathan Dunne, xa puxo á venda a tradución en galego da obra de Lois Pereiro. Baixo o título Collected Poems, o libro leva ao inglés a poética do autor monfortino a quen este ano se lle rende homenaxe no Día das Letras Galegas. A editorial permite, [...]

María Xesús Nogueira publica o ‘Dicionario’ Lois Pereiro en 3C3 Editores, dentro da súa colección Biográficos. Reproducimos aquí unha parte do Limiar do libro, a cargo de Xosé Luís Méndez Ferrín: “A estudosa foca neste libro un Lois Pereiro entendido como totalidade e relacionado co seu, co noso, tempo. O ollar crítico [...]

Publicada a Obra completa [ed. bilingüe galego-castelán] de Lois Pereiro en Libros del Silencio. Con prólogo de Pere Gimferrer e tradución de Daniel Salgado. Segundo a presentación editorial: “‘Daba la sensación de que manejaba una radiofonía secreta y que las cosas que valían la pena en el mundo lo habían elegido a él como [...]

Publicado O leite negro da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, de José Luis Calvo Vidal e Carlos Gegúndez López, na Editorial Toxosoutos. O contido do volume está composto por unha cronobiografía, un percorrido polo seu labor literario, unha bibliografía completa de e sobre Lois Pereiro, e un conxunto de poemas [...]

Xa está nas librarías o libro Lois Pereiro. Vida e obra, do periodista Iago Martínez, publicado en Xerais: “Durante algunhas semanas, ao periodista Iago Martínez, xefe de Cultura de Xornal de Galicia, púxoselle cara de biógrafo en apuros. Mentres os prazos para entregar o libro finalizado ían fuxindo sobre os calendarios, a vida [...]

Vén de saír do prelo de Galaxia, dentro da colección Letras Galegas, a Antoloxía poética, en coidada edición a cargo de Daniel Salgado, centrado na súa obra poética, e na que se propón unha nova lectura da obra de Lois Pereiro. Esta antoloxía inclúe 51 poemas que testemuñan a homoxeneidade dunha obra concibida case [...]

“(…) Do prelo de Edicións Xerais saíu recentemente Modesta Proposición e outros ensaios de Lois Pereiro, o poeta monfortino cuxa obra e espírito está protagonizando o 17 de maio máis activista e feliz que se recorda en moito tempo. O título do libro fai referencia a Modesta proposición para renunciar a facer xirar [...]

Lois Pereiro comezou a escribir Náufragos do paradiso -a súa única novela- a finais da década de 1970, cando acababa de facer vinte anos. Cunha linguaxe que emprega imaxes poéticas, a historia narrada concéntrase na interioridade torturada de Bernal e a súa viaxe á pálida beleza da morte prematura. Nun milimetrado puzzle de [...]

A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo, publicada en Galaxia, é a biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011 e un achegamento a Pereiro a través das persoas que máis íntima relación mantiveron con el, pero tamén coas voces que se enfrontaron á análise da súa poesía ou que, [...]

O libro Modesta proposición e outros ensaios, de Lois Pereiro é unha das novidades de Xerais do mes de marzo. Este libro únese aos outros dous, xa publicados nesta editora, sobre o autor das Letras Galegas 2011. A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, [...]

«Entre os papeis rescatados de Lois Pereiro deuse a coñecer, hai poucas datas, un volume que, como todos os rescates, posúe unha intrahistoria peculiar. O texto escribiuse entre marzo e xuño de 1995 e concibiuse como unha proposta confesional, alimentada por unha evidente pluralidade de contidos, baixo a forma [...]

Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía, de Marcos Calveiro, é unha das novidades deste mes de febreiro na colección Fóra de Xogo.

Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografía amosa algunha das escenas de vida do poeta Lois Pereiro. A súa infancia e [...]

José Luís Calvo e Carlos Gegúndez acometeron durante tres anos unha exhaustiva análise da obra pereiriana.