Cartaz dixital en Caderno da Lingua sobre Lois Pereiro

Achegamos este magnífico cartaz dixital colocado no blogue Caderno da Lingua, onde experimentando con novas aplicacións chegaron a Glogster, unha ferramenta que permite crear en liña cartaces dixitais multimedia pois permite incrustar imaxes, sons, vídeo, etc. A súa potencialidade didáctica é alta e numerosos os seus usos educativos; nin que dicir ten que a súa forte dimensión visual fai de Glogster un recurso moi atractivo para o alumnado. Das súas características técnicas e os posíbeis usos que se lle pode dar nas aulas dá boa conta Xano neste blogue centrado en diversas aplicacións multimedia, outro espazo de referencia para o aproveitamento educativo da web 2.0.

Os comentarios están pechados.