Publicada a ‘Antoloxía Poética’ de Lois Pereiro, en edición de Daniel Salgado

Vén de saír do prelo de Galaxia, dentro da colección Letras Galegas, a Antoloxía poética, en coidada edición a cargo de Daniel Salgado, centrado na súa obra poética, e na que se propón unha nova lectura da obra de Lois Pereiro.
Esta antoloxía inclúe 51 poemas que testemuñan a homoxeneidade dunha obra concibida case a xeito de poema único, case coma as follas dun diario. Unha poesía en tensión que só resiste ao fracaso, á claustrofobia vital, mediante a rebeldía contra un mundo convulso. Entre outros textos, ocupan unha boa parte do libro poemas do seu mítico Poesía última de amor e enfermidade e de Poemas para unha Loia. Comezamos a saborear a Pereiro. Un ano enteiro para coñecer un autor inmorrente.

Os comentarios están pechados.