A derradeira entrevista a Lois Pereiro: ‘Apostei a carta máis alta’, por Manuel Rivas (1997)

“Conversa entre Lois Pereiro e Manuel Rivas, publicada no número que lle dedicou Luzes de Galiza logo da súa morte. Acompáñase con fotografías de Vari Caramés. Fálase sobre o oficio do poeta, a necesidade da poesía de vangardas fronte a narrativa compracente, e do valor determinante que tivo na súa xeración a experiencia vital sobre a escrita, que se viviu como un reto aberto ás distintas culturas, fronte á realidade mediocre e censurada.
Abórdase a evolución da poética de Pereiro, entre a morte e a resurrección, entre o punkismo lírico, o existencialismo e a indagación na linguaxe. Saliéntase a capacidade que ten a poesía para tratar a verdade e contrarrestar a morte.
A conversa está inzada de citas e referencias aos escritores de cabeceira de Pereiro e Rivas. En nota á marxe indícase que esta entrevista foi unha idea de César Antonio Molina, que naquela altura dirixía o suplemento Culturas do Diario 16; neste medio publicouse parcialmente o 11-5-1996, e neste número de Luzes de Galiza recóllese íntegra.”
Provén dos interesantísimos arquivos da páxina Poesiagalega.org. Pódese consultar enteira aquí e descargar o arquivo .pdf coa entrevista completa nesta ligazón.

Os comentarios están pechados.