Acto homenaxe ‘Lois volve ao Incio’, o 30 de abril

Enviado por Xosé Manuel Pereiro:
“O 30 de abril, sábado, celebramos un acto homenaxe en recordo de Lois no Incio. Un roteiro entre a casa dos avós paternos, en Reádigos, e a dos avos maternos en Santa Cristiña do Viso, un camiño que facía todos os veraos de neno e agora repetiremos con algo de música e facendo algunha parada para ler uns textos, cada un os que queira. En Santa Cristiña, cos veciños que se acheguen, e con máis música, xantaremos e beberemos no campo da festa, convidados pola Asociación Cultural Ouriceira.
A quen lle preste vir, sen compromisos, que avise (sihomesi@hotmail.com), para calcular as necesidades de comida.  Admítense iniciativas que non supoñan mancarse.

Programa (definitivo, de quitado imprevistos) do conto:

– 11:30 h. Toldaos-Reádigos (en google maps aparece como Barrio, con estas coordenadas: +42° 40′ 40.55″, -7° 21′ 2.51″), na estrada da Cruz do Incio a Samos LU-641. Deixánse alí os coches, que logo se recuperarán). Primeira lectura, onda a casa dos avós paternos.
– 12:00 h. Saída a pe cara Santa Cristina, cun par de paradas nos soutos (uns 4 km).
– 12:45 h. Chegada a Santa Cristina. Lectura no cemiterio.
– 13:00 h. Campo da festa. Encontro cos que viñeron, pasaron de andar e foron directos a Santa Cristina. Presentación do libro-disco de Alexandro González, editado por Zouma. (Nos tempos mortos, transporte para recuperar os coches en Reádigos).
– Xantar, beber e gaiteiros.
– Actuación de Manu Clavijo.
– Volta.

Reádigos http://maps.google.es/maps?q=42.678031,-7.350944&num=1&t=h&sll=42.684549,-7.379165&sspn=0.022146,0.049567&ie=UTF8&ll=42.681394,-7.367148&spn=0.022147,0.049567&z=15
Santa Cristiña de Viso http://maps.google.es/maps?q=42.684215,-7.379396&num=1&t=h&sll=42.684391,-7.378778&sspn=0.044292,0.099134&ie=UTF8&ll=42.684549,-7.379165&spn=0.022146,0.049567&z=15

Crónica en Xornal.

Un comentario to “Acto homenaxe ‘Lois volve ao Incio’, o 30 de abril”

  1. […] que manexa na súa obra». Inspirando música O pasado sábado 30 de abril, a coincidir coa homenaxe que lle deu a Lois Pereiro no Incio, Alexandro González presentaba Oito cancións para oito poemas […]