O venres 22 de abril, novo concerto de Ondas Martenot no Local Social A Rebusca en Manzaneda

O venres 22 de abril, a partir das 23:00 h., no Local Social A Rebusca (Manzaneda), terá lugar un novo concerto de Ondas Martenot, onde se tocará o repertorio coas músicas que lle gustaban a Lois: Lou Reed, Parálisis Permanente, Radio Océano, The Doors… As Ondas Martenot proseguen co seu furor colectivo manufacturado por Antón Papaqueixos (baixo), Amil (batería), Cristina Sonoro Maxín (teclado) e o Leo e Arremecághona (guitarra e voz).

Os comentarios están pechados.