Xornada de Encontros con amigos de Lois o 10 de maio en Monforte

“O martes 10 de maio ás 11:30 h. no Edificio Multiusos de Monforte terá lugar unha Xornada de Encontros con amigos de Lois Pereiro dirixida especialmente a alumnos de Bacharelato co fin de que, da man de grandes coñecedores de Lois Pereiro como Manolo Rivas, Antón Patiño e o irmán de Lois Xosé Manuel Pereiro, acaden un importante coñecemento dunha grande figura da poesía galega máis actual cun universo poético moi singular e vangardista que pode atraer enormemente ao público xuvenil. Esta actividade, organizada polo Concello de Monforte de Lemos e patrocinada pola Excma. Deputación Provincial de Lugo Vicepresidencia Primeira (Cultura), forma parte dun programa de actos en homenaxe ao gran escritor monfortino Lois Pereiro no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.” Da web do Concello de Monforte.

Os comentarios están pechados.