Concerto-homenaxe a Lois Pereiro o 13 de maio no Teleclube de Bretoña (A Pastoriza)

O venres 13 de maio, a partir das 21:00 h., no Teleclube de Bretoña (A Pastoriza), o tecido asociativo-cultural lucense organiza un concerto-homenaxe a Lois Pereiro, aberto a todas aquelas persoas e agrupacións que queiran sumarse a el.
Na cita estarán presentes os seguintes artistas/grupos, entre outros:
– Ondas Martenot (Fran Amil dos Papaqueixos e Tres Trebóns, Antón Papaqueixos, Leo i Arremecaghona, Cristina de O Sonoro Maxín).
García MC.
– Richi dos Rastreros.
– Xermán dos Escornabois.
Xurxo Souto.
Xabier Cordal.
– Antón Losada.

Os comentarios están pechados.