Santiago: ‘Poesía última de Lois Pereiro’, espectáculo multiartístico da compañía Fantoches Baj, no Pub Ultramarinos de Santiago o luns 23 de maio

O luns 23 de maio, a partir das 22:30 horas, no Pub Ultramarinos (Casas Reais, 34) de Santiago de Compostela, con entradas a 4 euros, a compañía de teatro Fantoches Baj presenta e seu novo espectáculo de teatro de obxectos con música en directo: Poesía última de Lois Pereiro, que xira en torno ao libro Poesía última de amor e enfermidade de Lois e que coa axuda dalgúns textos inéditos constrúese unha pequena historia biográfica sobre o autor. Acompañando á poesía, a música composta e tocada en directo por Benxamín Otero axuda a crear os ambientes necesarios así como a ilustrar algún dos espazos que recorre Lois Pereiro no espectáculo.

Os comentarios están pechados.