‘Collected Poems’, edición bilingüe galego-inglés da obra de Lois

A editorial Small Stations Press, dirixida por Jonathan Dunne, xa puxo á venda a tradución en galego da obra de Lois Pereiro. Baixo o título Collected Poems, o libro leva ao inglés a poética do autor monfortino a quen este ano se lle rende homenaxe no Día das Letras Galegas. A editorial permite, dende a súa páxina web, adquirir os exemplares por un total de 14 euros. “Para min é un enorme desafío e un pracer traducir un poeta de tan alta calidade e relativamente pouco coñecido como é Lois Pereiro”, explicou Jonathan Dunne o pasado mes de febreiro, cando Xornal informou da tradución que estaba a levar a cabo. “Pereiro é un escritor internacional, é un poeta que transcende as fronteiras de Galicia na súa lectura. A súa poética está chea de referentes. A súa obra é chocante e non se pode ignorar”, dixo Dunne. Grazas a esta tradución, os lectores anglosaxóns terán a oportunidade de ler un autor “universal”. Desde Xornal.

Un comentario to “‘Collected Poems’, edición bilingüe galego-inglés da obra de Lois”

  1. […] e dará a coñecer dúas novidades recentes, como son as traducións ao inglés da poesía de Lois Pereiro, homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, e de Xente de aquí e de acolá, de Álvaro […]