Conferencia de Manuel Rivas, recital dos poetas de ‘De amor e desamor’ e música arredor de Lois na Coruña, o 11 de maio

O mércores 11 de maio, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, Manuel Rivas falará sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, Lois Pereiro, nun acto organizado pola A. C. O Facho.
Pola súa banda, ese mesmo día, ás 20:30 horas, no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1), e organizada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, terá lugar unha Gala homenaxe a Lois Pereiro, composta por un recital poético de compañeiros de Lois Pereiro no grupo De Amor e Desamor e un concerto de Manu Clavijo versionando obras do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Os comentarios están pechados.