Presentación de ‘Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo’, de Mercedes Queixas, e ‘Radiografía do abismo’, de Antón Patiño, na Coruña

O venres 13 de maio, ás 20:30 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, de Mercedes Queixas, acompañada por Francisco Pillado, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, ás 20:30 horas.

E, dentro das actividades da Festa do Libro da Coruña, ás  18:00 horas, presentación do DVD Lois Pereiro realizado polo alumnado do IES Urbano Lugrís e coordinado por Xulia Rodríguez Abella, no Kiosco Alfonso; e ás 20:00 horas, no mesmo emprazamento, presentación do libro de Antón Patiño Lois Pereiro. Radiografía do abismo, publicado en Espiral Maior, nun acto onde o autor pronunciará unha conferencia e proxectaranse imaxes sobre a figura de Lois. Intervirá tamén Miguel Anxo Fernán-Vello.

Os comentarios están pechados.