VENTO LOIS na Coruña

Na Concerto_Carcere_A3seita loisista, co apoio da Coruña terán lugar, o día 12 de maio, estas actividades dentro do VENTO LOIS, todas elas con entrada libre até completar capacidade:
– No Antigo Cárcere Provincial, a partir das 21:00 horas: concerto Expansivo coa música de Ulträqäns e Loretta Martin; e un recital poético a cargo de Antía Otero, Cesáreo Sánchez Iglesias e Xulio López Valcárcel. Presentan Manuel Rivas e Xurxo Souto.
– No Salón de Actos do Museo de Belas Artes, ás 20:00 horas, terá lugar a lectura do Manifesto Loisista, a proxección de varios videopoemas de Pedro Ramos sobre a obra de Lois, e un recital coa participación de Andrés Ibáñez -perfomance cos textos ¿Que é Galicia? e Narcisismo-, Olga Patiño, Tiago Acosta, Juan García e unha performance de Uxía Vázquez a partir de Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos.
– Na Biblioteca González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n), ás 20:00 h., espectáculo de teatro con música en directo “Poesía última de Lois Pereiro”, por Fantoches Baj.
– No Centro de Formación Profesional “Tomás Barros” (Rúa Ramón María Aller, 10, entrechán), a partir das 12:30 horas, os alumnos e profesores súmanse ao VENTO LOIS coa ventisca do Manifesto Loisista, seguida do vendaval participativo de poemas de Lois a cargo do alumnado; para dar paso a unha breve brisa biográfica con protagonistas monfortinos; e estoupar cun furacán musical de melodías domésticas. O acto estará aberto a todo o público que queira acudir.

2011-05-12 Biblioteca González Garcés Lois Pereiro

Un comentario to “VENTO LOIS na Coruña”

  1. […] do Vento Lois no Antigo Cárcere Provincial da Coruña o 12 de maio de 2011, coa música de Ulträqäns e Loretta […]