VENTO LOIS en Vigo

O VENTO LOIS chega a Vigo con tres actividades:

– Ás 12:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (Campus As Lagoas, Marcosende) preséntase o libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, monográfico de Lois Pereiro publicado por Edicións Xerais e elaborado polo Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía (GAELT) baixo a coordinación de Anxo Angueira e Teresa Bermúdez. Posteriormente recitaranse poemas de Lois Pereiro, traducións ao inglés, alemán, francés e catalán, proxeccións de música e vídeos sobre Lois, e Manuel Forcadela pronunciará unha conferencia sobre o autor monfortino.

– Ás 17:00 horas, na Aula 16 do Conservatorio Superior de Música (Monte do Castro) terá lugar un acto de homenaxe a Lois no que participan alumnos e profesores da Escola Superior de Arte Dramática de Vigo e do Conservatorio desta cidade, cun recital de poemas de Lois acompañados pola música de David Bellas.

– E, ás 20:00 horas, inaugúrase a exposición Lois Pereiro Lírica Punk no Verbum de Vigo (Avenida de Samil, 17), comisariada por Beatriz García e Sonia Díaz. No acto Ramón Nicolás lerá o Manifesto Loisista e Marcos Calveiro recitará poemas do autor homenaxeado no Día das Letras.
“A exposición realiza un percorrido a través do universo creativo de Lois Pereiro: o seu tempo, a súa disección cirúrxica da realidade, as pegadas da súa traxectoria vital na súa poesía, os referentes tanto literarios como doutras disciplinas artísticas e os seus grandes temas: o amor, a enfermidade e a morte.
A obra de Lois Pereiro conserva hoxendía toda a forza e vixencia que converteron o monfortino nun poeta de culto. Con todo, ata este ano, o groso da súa produción non trascendera a un público máis amplo, para o que a obra de Pereiro pode deparar unha experiencia singular.
Desta maneira, a exposición LP, Lírica Punk, concíbese como unha experiencia na que os visitantes poidan desenvolver unha vivencia significativa. Partindo do fío condutor do tren, a experiencia proxéctase como unha viaxe na que o visitante poida introducirse de forma vivencial no universo creativo de Lois Pereiro e concrétase, como toda viaxe, a través dunha serie de etapas.”
Pódese descargar aquí este arquivo con toda a información: Lois Pereiro Lirica Punk Dossier.

2011-05-12 VERBUM Lois Pereiro_xvid

5 Comentarios to “VENTO LOIS en Vigo”

  1. […] Lois Pereiro: “O 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa […]

  2. […] 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa […]

  3. […] 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa […]

  4. […] 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa […]

  5. […] 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa […]