Xerais adianta en internet 24 páxinas da novela gráfica ‘Lois Pereiro. Breve encontro’, de Jacobo Fernández Serrano

“Coincidindo coa celebración do 17 de maio, Xerais adianta 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre a biografía e a obra literaria de Lois Pereiro. A edición da novela gráfica é froito dunha coedición de Xerais e da Consellería de Cultura. O libro chegará ás librarías a comezos do vindeiro mes de xuño.

O adianto da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro pode baixarse en pdf aquí.”



Un comentario to “Xerais adianta en internet 24 páxinas da novela gráfica ‘Lois Pereiro. Breve encontro’, de Jacobo Fernández Serrano”

  1. […] Breve encontro, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra de Lois Pereiro, o poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve […]