‘Xa non imos ser cómplices do que nos indigne’

Foto enviada por Xosé Manuel Pereiro:

6 Comentarios to “‘Xa non imos ser cómplices do que nos indigne’”

  1. Xoán Caamanho di:

    Engadiría, para completa-la información: “Cartel pegado por Xosé Manuel Pereiro”.

  2. sihomesi di:

    Erro na información engadida. A foto si. O cartel, non.

  3. Xoán Caamanho di:

    Asegura, pois, que Xosé Manuel Pereiro nada ten que ver coa pegada do cartel? Xurdiu, xa que logo, da iniciativa da rapazada madrileña, e simplemente o devandito Pereiro pasaba por aí (por entre milleiros de carteis e milleiros de persoas) e tomou a fotografía?

  4. sihomesi di:

    Non, dixen o que dixen. Ese día en Sol había máis xente loisista ca min, e máis entusiasta. A min esas cousas danme algo de corte, aínda que nin tería por que, penso eu. Non me irá denunciar a ningunha policía por cómplice do delito, supoño.

  5. Xoán Caamanho di:

    Cómplice de que? De espallar o evanxeo revolucionario loisista? Líbreme dios! A iniciativa é boa; só quería saber se realmente os madrileños coñecían a Lois Pereiro ou era todo cousa do seu irmán. Grazas.

  6. sihomesi di:

    Grzas polo interese e por imaxinarme tan afouto como para ir en solitario a predivar o loisismo a Sol. En Madrid non so hai madrileños. Hai unha chea de galegos (http://vimeo.com/24267022 , http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=12332&corte=2011-05-21&hora=21:22:12&canle=tvg1)
    Pola festa da Tabacalera pasaron Alfonso Armada, Domingo Villar, Fermín Bouza, Menchu Lamas, e sobre todo, xente que non coñecía e que traballou moito por argallar a cousa.