‘Cantando a Lois Pereiro’, por alumnos do IES ‘Marco do Camballón’

Desde a Biblioteca do IES “Marco do Camballón” de Vila de Cruces, chéganos unha canción feita polos seus alumnos Leticia, Bran e Javier sobre o texto do poema de Lois recollido en Poesía última de amor e enfermidade:

“Os erros cometidos na vida a contrafío
leváronme a perder unha vez máis
definitivamente e sen pesar
todo o que tiña dado por perdido.
Metástase invasiva ou obsesión
daquel amor tal vez mal entendido
non foi a covardía ou o egoísmo
o móbil que alentou a miña idea
de convocar en min este desastre
que derruíu comigo o mal causado.
E intento demorar o erro definitivo
nun lento naufraxio
xa vivido
porque esta fatigada ruína namorada
prepárase a sufrir outros distintos
asumindo a caída xa pactada precipitándose neses inofensivos erros desexados
obviando o remuíño que me leva
nas espirais da nada.”

Aquí podedes escoitar a súa aportación. Parabéns aos seus autores por esta iniciativa!

Os comentarios están pechados.