Especial Lois na Real Academia Galega

Deixamos aquí a ligazón ao especial sobre Lois Pereiro que se pode ver na web da Real Academia Galega.

3 Comentarios to “Especial Lois na Real Academia Galega”

  1. César Brito di:

    Administrador, poderíalle vostede preguntar a Xosé Manuel Pereiro como se pode escribir un resumo biográfico da vida de Lois Pereiro para a RAG e non mencionar as verbas “droga”, “heroína” e “sida”? Trátase dun lapsus ou dun flagrante delito de omisión por causas xudiciais (o que fixese a familia despois de el morto non lle interesa a ninguén) ? Estou de acordo: o malditismo e a drogadicción non teñen que monopolizar a figura de Lois Pereiro, pero de aí a borralos da súa biografía haivos un paso moi grave…

  2. admin di:

    César Brito:
    Se quere, pode enviar un correo a loispereiro2011@gmail.com, como xa saberá se consulta a parte esquerda desta páxina (http://loispereiro.blogaliza.org/contacto/), e desde alí reenviarémoslle a súa inquietude a Xosé Manuel Pereiro. Lembrámoslle a vostede, de todos os xeitos, que a nosa misión é darlle publicidade a todo o relacionado con Lois máis que servir de recadeiros particulares para ninguén.
    Saúdos e grazas polo seu interese.

  3. Xan Can di:

    Grande Lois Pereiro. Coñecino este ano e non paro de sorprender.
    Unha aperta

    http://boiroberra.blogaliza.org/