Monforte: homenaxe a Lois da Real Academia Galega o 17 de maio

Programa dos actos conmemorativos organizados pola Real Academia Galega coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos, na honra de Lois Pereiro:

– 11:30 horas. Recepción na casa do Concello de Monforte de Lemos (Campo de Santo Antonio).
– 12:00 horas. Saída da casa do Concello cara á Casa da Cultura. A Banda Municipal de Monforte de Lemos acompaña o percorrido.
– 12:15 horas. Sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega no Salón de Actos da Casa da Cultura, coa intervención dos académicos:
* Excmo. Sr. D. Manuel Rivas Barrós.
* Excma. Sra. D.ª Margarita Ledo Andión.
* Excmo. Sr. D. Darío Xohán Cabana Yanes.
* Excmo. Sr. D. Antón Santamarina Fernández.
* Excma. Sra. D.ª Luz Pozo Garza.
* Pecha o acto o Excmo. Sr. Presidente da Real Academia Galega, D. Xosé Luís Méndez Ferrín.
Interpretación do Himno galego polo Grupo de gaitas do Concello de Monforte de Lemos.
– 13:45 horas. Refrixerio no Centro do Viño.

Os comentarios están pechados.