‘Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro’, libro electrónico publicado pola AELG

‘Con motivo do Día das Letras Galegas a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega edita un libro electrónico coas colaboracións dos seus asociados e asociadas, Vivir un soño repetido. Os participantes son: Francisco Álvarez-Koki, Ana Arias Saavedra, Afonso Becerra de Becerreá, Concha Blanco, Lino Braxe, Ramón Caride, Arturo Casas, Francisco Castro, Marta Dacosta, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Rosa Enríquez, Estíbaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Salvador García-Bodaño, Álvaro Lago, María Xosé Lamas, Rafael Lema, Siro López, Lourdes Maceiras, Tati Mancebo, Verónica Martínez Delgado, Rosa Méndez Fonte, Carlos Negro, Lucía Novas, Toño Núñez, Olga Patiño, Claudio Pato, Ana María Pérez Cerviño, David Pobra, Xavier Queipo, Baldo Ramos, Mario Regueira, Cesáreo Sánchez, Xavier Seoane, Chelo Suárez, Alberte Suras, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela Puñal, Xosé Vázquez Pintor e Helena Villar.

As colaboracións, inéditas e orixinais, responden a un duplo formato:
* Poemas inéditos inspirados en Lois Pereiro (incluíndo versións elaboradas)
* Obra gráfica (ilustración, fotografía, poesía experimental, etc.) inspirada en poemas de Lois Pereiro.

Da conxunción de todas as achegas nace este libro electrónico en formato epub de descarga gratuíta accesíbel no apartado de publicacións da web da AELG.

Para visualizar o libro no computador recomendamos o software gratuíto Calibre, que se pode descargar aquí.’

‘Algunhas recomendacións para a lectura:
1. Tanto en Linux canto en Windows é recomendábel usar Calibre. Con Windows 7 vai ben Adobe Digital Editions.
2. Para navegadores: a) Epubreader en Firefox funciona perfectamente (hai que instalar o addon e despois abrir o libro desde “Abrir arquivo” en “Arquivo”); b) Para Chrome recomendamos a extensión MagicScroll.’

Vía Axenda AELG e O levantador de minas.

Un comentario to “‘Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro’, libro electrónico publicado pola AELG”

  1. […] aventura e de que ninguém a fará por nós[…]». Este poema foi publicado no libro electrónico Vivir un soño repetido, homenaxe da AELG a Lois […]