Publicado ‘Lois Pereiro. Breve encontro’, de Jacobo Fernández Serrano

Lois Pereiro. Breve encontro, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra de Lois Pereiro, o poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011.
Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica “non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo”.’ Desde Xerais.

2 Comentarios to “Publicado ‘Lois Pereiro. Breve encontro’, de Jacobo Fernández Serrano”

  1. […] sobre o poeta monfortino, coa participación de Jacobo Fernández Serrano (autor da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro, Xerais), Anxo Angueira (coordinador do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, Xerais), […]

  2. […] autores que teñen publicado obras sobre o autor homenaxeado en 2011 no Día das Letras Galegas: Jacobo Fernández Serrano, Iago Martínez e Marcos Calveiro. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = […]