A Coruña: presentación de ‘Lois Pereiro. Unha persecución’, recital poético e musical e sardiñada, o 23 de xuño

O xoves 23 de xuño, a partir das 22:00 horas, no Bar Patachim (Beiramar, 16) da Coruña, terá lugar a presentación do libro Lois Pereiro. Unha persecución, de Mario Regueira, publicado en 2.0 Editora. Anúnciase tamén a participación de:

– As integrantes máis guapas das Ataque Escampe.
David Pobra ofrecerá unha performance loisista.
Arsenio Iglesias Pazos e Haizea Barzenilla recitarán poemas de Lois traducidos ao euskera.
– Fayez Khalaf descubriranos Contra a morte en árabe.
Andrea Nunes Brións comezará o recital aberto á participación “espontánea” do público.

E, claro é, todos os asistentes escoitarán cancións que estarían hoxe no mp3 do poeta e, como Lectores Loisistas unidos, participarán nunha auténtica sardiñada post-punk.

Os comentarios están pechados.