Entrevista de Manuel Carballido a Lois: ‘Lois Pereiro: ‘Á xente extráñalle a miña linguaxe poética”, en A Nosa Terra (1990)

“Entrevista de Manuel Carballido na que Lois Pereiro fai un repaso das súas colaboracións en diversas revistas e nos núcleos de intervención a elas asociados. Recupera nesa liña referencias de amizades e camaradaxes en Madrid e na Coruña. Tamén fai valoracións sobre o nivel da produción poética galega en termos comparativos co propio doutras literaturas viciñas e contrasta igualmente a evolución da súa estética literaria (do decadentismo inicial en Loia cara a unha poética atenta á cidade, con predilección pola vida urbana e os seus escenarios industriais) con outras existentes na altura no campo literario galego.”
Publicado no semanario A Nosa Terra o 15-02-1990, recuperado por Poesiagalega.org. Pódese descargar libremente aquí.

Os comentarios están pechados.