Helena González: ‘Lois Pereiro: poesía dura, descarnada, emocionante’ (Grial, 1996)

“Recensión crítica do derradeiro libro de Lois Pereiro, publicado na colección Di-Versos. Sublíñase o carácter marcadamente diferente da súa poética, de xeito particular cando se compara cos grupos dos que formou parte e dos seus compañeiros de xeración, como Loia e De amor e desamor. O libro aborda sen efectismos a experiencia da enfermidade e da morte, mais, a diferenza do seu primeiro libro de poemas, neste hai vontade de resurrección. Saliéntase o xogo intertextual que se establece entre os poemas, en verso ou en prosa, e os fragmentos de autores clásicos.”
Artigo de Helena González sobre Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, publicado na revista Grial en 1996, recuperado por Poesiagalega.org. Pódese descargar libremente aquí.

Os comentarios están pechados.