Xosé Luís Méndez Ferrín: ‘Pereiro na raigame’

“Comentario sobre a etapa de formación de Lois Pereiro con motivo da recepción polo autor dun monográfico sobre o poeta monfortino publicado pola revista Raigame. Xosé Luís Méndez Ferrín apóiase nas investigacións de Ana Acuña e destaca a importancia que Madrid tivo na aprendizaxe de Pereiro e de numerosos escritores galegos máis dos séculos XIX e XX. En particular, salienta o maxisterio de Reimundo Patiño sobre o grupo conformado polos irmáns Pereiro, Manuel Rivas e Antón Patiño. Igualmente, Méndez Ferrín entende que na traxectoria do poeta foi por completo decisivo o propósito de procurar novas conexións interculturais, a miúdo a través da tradución, coa produción artística e literaria en linguas inglesa, alemá e francesa. Habería, pois, tamén en Pereiro unha aposta pola relación directa coas culturas centroeuropeas, anglófonas e francófonas sen pasar polas prescricións e os filtros do oficialismo centralista de Madrid e en xeral do Estado español. Por último, sinálase a dimensión grupal e xeracional do colectivo creado arredor da revista Loia.”
Publicado orixinalmente no Faro de Vigo do 7 de maio de 2011. Provén da páxina Poesiagalega.org. Pódese consultar enteira aquí e descargar o arquivo .pdf coa entrevista completa nesta ligazón.

Os comentarios están pechados.