Entrevista de Ana Romaní a Lois Pereiro sobre ‘Poesía última de amor e enfermidade’

“Transcrición dunha entrevista feita por Ana Romaní a Lois Pereiro na Radio Galega, co gallo da publicación de Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995. Ábrese e péchase coa lectura por parte da entrevistadora de dous poemas de Pereiro e ademais intercálase a lectura doutros dous. Na conversa ambos os dous afondan no significado do libro, no seu proceso de elaboración, na súa estructura e métrica e na relación que mantén co anterior. Lois Pereiro reflexiona tamén sobre o seu xeito de entender a poesía e as súas influencias, e sobre o momento que daquela estaba a vivir a poesía galega.”
Publicada na revista Dorna no 1997. Provén da páxina Poesiagalega.org. Pódese consultar enteira aquí e descargar o arquivo .pdf coa entrevista completa nesta ligazón.

Os comentarios están pechados.