‘Acto Lois Pereiro’ na Feira do Libro de Vigo, o venres 8 de xullo

Dentro dos actos da XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), o venres 8 de xullo ás 19:30 horas, terá lugar o Acto Lois Pereiro, mesa redonda sobre o poeta monfortino, coa participación de Jacobo Fernández Serrano (autor da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro, Xerais), Anxo Angueira (coordinador do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, Xerais), Marcos Calveiro (autor do libro Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, Xerais), Xosé Manuel Pereiro e Fran Alonso.

Os comentarios están pechados.