Expo-instalación ‘Lois Pereiro no Pazo de Tor’, de Alberto Granada, en Monforte

Desde o xoves 1 de setembro até finais de decembro, no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos), poderase ver a exposición Pinturas de Amor e Enfermidade, de Alberto Granada. Segundo o seu autor, este traballo “xurdiu na primavera de 2010, como a idea da exposición de trece cartóns inspirados por trece versos de Lois Pereiro, do seu libro Poesía Última de Amor e Enfermidade. Eu lera Lois, e da súa poesía íntima, persoal, descarnada, terrible e sincera, non saín ileso. Os primeiros bosquexos que fixen, case nun só pulo, no verán, nunha aldea de Padrenda. Entón viñeron as primeiras pinturas, acrílicos sobre papel, serigrafías, cartóns, lona resgada e costurada con arame. Todos eles ao redor dos mesmos trece versos. Depois dun ano e medio pintando entre 50 e 70 execucións diferentes dos versos de Lois, veume a oportunidade de presentar un proxecto para intervir no Museo Pazo de Tor, moi preto de Monforte de Lemos … e alí estaremos, a partir do 1 de setembro”.

Lois Pereiro no Pazo de Tor from Alberto Granada on Vimeo.

Os comentarios están pechados.