Creada en Monforte a Asociación Cultural ‘Náufragos do paradiso’

Damos conta da creación dunha nova asociación cultural xuvenil en Monforte, con referencias claras a Lois:
“Supoño que primeiro é necesaria una presentación formal. Somos a Asociación Cultural Náufragos do paradiso. Deseguido explicaremos o que somos e para que estamos.
A mocidade de Monforte de Lemos pretende, a través desta asociación, sacar o gran partido que as Terras de Lemos teñen. Desde nenos coñecemos o enorme potencial cultural que ten este val, aínda que tamén nos decatamos de que temos que poñer un pouco de ilusión e intención, entre todos os monfortinos, para conseguir que reluza como debe ser.
Vamos levar a cabo actividades de todo tipo para que poida participar todo o mundo, dende nenos ata os máis vellos. Falamos de actividades deportivas, musicais, literarias, teatrais, exposicións, proxeccións…
Esa é a nosa intención, que, mediante a realización das actividades que pretendemos e a colaboración de todos, deamos conta de que a cultura en Monforte está viva, de que non é algo que xa non volverá, que non morreu con todos aqueles que fixeron algo por esta fermosa cidade, senón que, pola contra, quédalle moito que demostrar.
Por iso temos que ser todos nós, os monfortinos de antes, os de hoxe e os que virán os que aportemos todo o que nos sexa posible. O máis importante é a ilusión que nos move a todos, que nos leva a facer todo isto cunha única intención: que Monforte se vexa tal e como é, un berce de cultura, boas intencións e xente que non se rende facilmente.
Todos nós estamos ansiosos de recibir todo tipo de ideas e aportacións e sobre todo que veñades cargados de moitísima ilusión!!”

Os comentarios están pechados.