Intervención musical do Leo no Vento Lois do 12 de maio en Vigo

O 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa presentación do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, monográfico de Lois publicado por Xerais e elaborado polo Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía (GAELT) baixo a coordinación de Anxo Angueira e Teresa Bermúdez. No mesmo acto participou O Leo, musicando poemas de Lois:

Posteriormente, tivo lugar un recital de poesía orixinal e traducida de Lois Pereiro. Os vídeos que gravou a Universidade de Vigo poden ser vistos nesta ligazón.

Os comentarios están pechados.