Publicado ‘Lois Pereiro. Poemas’, coa voz do Leo e a música de Alfonso Camarero

Lois Pereiro. Poemas é unha escolma da poesía de Lois recitada por O Leo acompañado pola música de Alfonso Camarero. Foi editada por Xestión Literaria Galega (de Rinoceronte Editora) no 2011. Esta gravación toca o nervo da poesía de Lois Pereiro, tan singular e significativa. A simbiose entre texto, voz e son transmite algo máis que o que se espera nun simple recital: versos que envolven e atrapan, fascinan e conmoven, tremen e murmuran, protestan e aman. Os oíntes non quedarán indiferentes ante a forza e intensidade desta poesía.”

Un comentario to “Publicado ‘Lois Pereiro. Poemas’, coa voz do Leo e a música de Alfonso Camarero”

  1. […] nos que a música cobra un importante protagonismo e que mesmo teñen versión gravada como é o CD Poemas que editou Xestión Literaria Galega coa voz de O Leo e música de Alfonso Camarero. «Debemos […]