Vigo: exposición de obra plástica de Emilio Cabezas e Zintia, baseada na obra de Lois

O sábado 24 de setembro, ás 20:00 horas, na A. C. Bou Eva de Vigo (Rúa Terzo de Fóra, 11), terá lugar unha homenaxe a Lois Pereiro, coa inauguración dunha exposición de obra plástica a cargo de Emilio Cabezas e Zintia, baseada na súa obra, seguida dun recital de poesía e, para finalizar, o concerto do cantautor punk Leo i Arremecághona!

Os comentarios están pechados.