Poesiagalega.org presenta unha versión ampliada do dosier sobre Lois Pereiro

“O completo dosier que Poesiagalega.org presentaba o pasado mes de maio sobre Lois Pereiro conta xa cunha segunda edición ampliada. A nova versión “incorpora unha parte significativa da relevante produción crítica dedicada ao autor con motivo da celebración do Día das Letras”, entre as que se atopan os suplementos específicos que se publicaron en El Ideal Gallego, Faro de Vigo e Xornal de Galicia, así como o catálogo completo da exposición Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi posmoderna. Asimesmo, tamén se poden ouvir e ollar as entrevistas que lle fixeron Ana Romaní e Xosé Ramón Gayoso ao poeta ou diferentes documentos audiovisuais que recollen a celebración do Día das Letras. O material está dispoñible no web Poesiagalega.org, onde tamén se pode descargar completo en formato pdf.” Desde Cultura Galega.

Os comentarios están pechados.