Santiago: recital ‘Picaversos’ en homenaxe a Lois, o 20 de decembro

“Remata o ano Lois Pereiro, e Picaversos quere renderlle homenaxe. Paco MacíasIago Martínez e Mario Regueira lerán textos do poeta monfortino o martes 20 de decembro ás 21:00 horas no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela.
Os tres convidados coñecen ben a obra de Lois, mais no noso ciclo de lecturas poéticas non queremos disertar sobre o autor escollido para o Día das Letras Galegas deste ano que remata, senón a lelo, a escoitalo na voz deles e a gozar, tamén, dalgunha das súas lecturas e músicas favoritas.”

Desde o blogue de Picaversos.

Un comentario to “Santiago: recital ‘Picaversos’ en homenaxe a Lois, o 20 de decembro”

  1. […] sobre o recital Picaversos adicado a Lois Pereiro o pasado 20 de decembro en Santiago: «O último Picaversos do ano estivo […]