Gondomar: Acto de homenaxe a Lois no IES Auga da Laxe, o venres 16 de decembro

O venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, o ENDL do IES Auga da Laxe (Gondomar) organiza un acto de clausura do Ano Lois no Salón de Actos do instituto (coñecido tamén como Ghar Rock Café Augha da Laxe).

O acto constará de tres partes:
1. Unha primeira na que se lerá o Manifesto loisista e haberá un recital poético a cargo de alumnado do centro.
2. Unha segunda parte audiovisual na que estrearemos un vídeo que a partir de poemas de Lois Pereiro realizou Rebeca Tizón (alumna de 2º bacharelato).
3. Un mini-concerto acústico de Leo i Arremecághona a partir dalgúns poemas de Lois Pereiro.

Os comentarios están pechados.