Mundo Lois ~ Culturgal 2010

MUNDO LOIS é unha coprodución de Nordesía, Filmanova e Kachet. Mirar a través dos ollos de quen escribía para deixarse ver. O seu MUNDO, a súa visión. LOIS Pereiro de cerca.

Achegarse para ir máis lonxe. Afastarse a través dos seus versos para buscar un lugar onde mellorar a visibilidade. Onde a perspectiva se adecúa. Un MUNDO pechado que abrimos ao espectador… se quixer… LOIS describiuno. Nós envasarémolo ao baleiro. Tal vez deixemos que o aire de cada un entre para o apodrecer, para o manipular, para, ao fin e ao cabo, facelo entender. [Vía Culturgal]

Descarga o dosier de MundoLois (pdf, 2,6 mb)

Un comentario to “Mundo Lois ~ Culturgal 2010”